Co-hong

Co-hong

(< corrupción da palabrachinesa kung-hang, ‘empresa colectiva’)

Grupos de firmas mercantís chinesas autorizadas polo goberno para intercambiar produtos cos comerciantes procedentes de Occidente desde finais do s XVII e ata a primeira Guerra do Opio, na cidade de Cantón. O dereito de comercio exclusivo confirmouse oficialmente no 1720 e, a partir de 1740, o goberno chinés obrigou a cada barco estranxeiro que chegaba a Cantón a contar coa garantía dun hong. Ao converterse Cantón no único porto chinés aberto ao comercio estranxeiro (1760), os comerciantes hong monopolizaron as vendas de té e de seda. Asociáronse (kung-hang) baixo a dirección de Hoppo, xefe da aduana marítima de Cantón, coa finalidade de fixar colectivamente os prezos. O monopolio real desapareceu en 1771 pero mantívose formalmente ata a firma do Tratado de Nanquín (1842) cando, despois da primeira Guerra do Opio, se lles ampliou aos comerciantes estranxeiros a posibilidade de comerciar con China.

Palabras veciñas

Co | CO | co(m/n)- | Co-hong | coa | CoA | 1 coacción