"endo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á neuroendocrinoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Materia que estuda as relacións entre os sistemas nervioso e endócrino.
-
PERSOEIRO
Mestre de obras portugués. Traballou na zona de Ourense e caracterizouse polo bo traballo do granito e pola plasticidade e a presenza da decoración naturalista nas súas obras. Traballou para o cóengo da catedral de Ourense cara a 1520, realizou a sancristía do mosteiro de Santa María a Real de Xunqueira de Ambía e construíu a igrexa de Santo Estevo de Sandiás, onde se observa a evolución do seu estilo desde o gótico tardío cara ao renacentismo ornamental.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Cronista oficial dos concellos de Betanzos, Miño e Paderne, foi fundador do Museo das Mariñas de Betanzos e director dos grupos Brinco Garelo e Danzas Gremiales de Betanzos. Publicou Betanzos y sus murallas (1966), Desde las nubes de la historia. Cien años de la historia de un monasterio (1967), Las danzas de Betanzos (1979), Betanzos de los Caballeros y sus Mariñas (1984), Miño: apuntes históricos y guía del municipio (1990) e Guía del Camino Inglés a Santiago (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariñeiro. Participou na expedición contra Orán (1575) e no combate das Ilhas dos Açores na frota de Álvaro de Bazán (1582). Capitán xeneral da escuadra de Gipuzkoa (1587), integrada por mercantes armados, formou parte da Armada Invencible (1588). O seu fillo Antonio de Oquendo (Donostia 1577-A Coruña 1640) mandou as escuadras biscaíña (1598), cántabra e guipuscoana (1607) e foi almirante xeral da Armada do Océano (1623). Obrigou os musulmáns a levantar o cerco de Mamora (1624). Venceu os holandeses en Pernambuco (1631) e, cando se dirixía a Flandres, derrotárono na Batalla das Dunas (1639).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Administrador colonial e bispo de México. Reformou os estudos universitarios e opúxose aos xesuítas a causa da xurisdición eclesiástica. En 1649 ocupou o bispado de Osma. Carlos III e os inimigos dos xesuítas intentaron, no s XVIII, que fose canonizado, sen éxito.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre castelán, avó do marqués de Santillana. Fiel a Pedro I o Cruel, desde 1366 serviu a Enrique II de Castela e despois o seu sucesor Xoán I. Ao entrar este en Portugal en 1383 foi nomeado rexente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo pelendón.
-
Individuo do pobo pelendón.
-
Pobo céltico que parece ser orixinario dos belendos. Penetrou na Península Ibérica e estableceuse na conca do Douro. Dedicábanse á gandaría e foron progresivamente desprazados do seu territorio polo pobo arevaco.
-
-
-
-
Bandeira ou estandarte pequeno que era usado como insignia dun cabaleiro, dunha mesnada ou dun rexemento.
-
Guión de cola longa usado pola cabalaría francesa e italiana ata mediados do s XIX. A súa forma é semellante á bandeira, pero un terzo máis longa e xeralmente redonda pola parte que pendura.
-
Estandarte dunha parroquia ou dunha confraría que remata en dúas puntas e que se leva nas procesións.
-
-
Persoa de vida desordenada.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Larouco, no concello homónimo. O seu cumio acada os 730 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Armariz (Xunqueira de Ambía). O seu cumio acada os 620 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilardá (San Xoán de Río). O seu cumio acada os 959 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Aristócrata e avó do marqués de Santillana, consérvanse dúas composicións en galego da súa autoría, recollidas no Cancioneiro de Baena: nunha reproduce a morte por amor e noutra dedícalle unhas palabras a unha doncela que decide ingresar nun convento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Profesor de física na Universidade de Berlín, inventou un tipo de pila e un método para medir ángulos de desviación nos galvanómetros sensibles. Realizou investigacións sobre a polarización eléctrica e o magnetismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema que mide a forza electromagnética das pilas electroquímicas.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sober. Sobre a primitiva traza románica (s XII), ergueuse unha nova construción de planta e ábsida rectangular. No seu interior destacan os arcos que arrancan de columnas de fustes cortos, cilíndricos e monolíticos. Na capela maior consérvanse pinturas murais do s XVI, que representan a Adoración dos Magos e a dos pastores, a fuxida a Exipto ou a Visitación. Só conserva restos románicos na ábsida.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que causa vergoña ou pudor.
-
Órganos xenitais externos.
-
-
PERSOEIRO
Xurista e historiador alemán. Ensinou dereito natural en Heidelberg (1661-1667) e Lund (1667-1686). Foi conselleiro de Estado e historiador en Estocolmo, e desenvolveu o xusnaturalismo. Publicou De iure naturali et gentium (1672).
VER O DETALLE DO TERMO