Nosendo, Bartolomeu de
Nosendo, Bartolomeu de
Mestre de obras portugués. Traballou na zona de Ourense e caracterizouse polo bo traballo do granito e pola plasticidade e a presenza da decoración naturalista nas súas obras. Traballou para o cóengo da catedral de Ourense cara a 1520, realizou a sancristía do mosteiro de Santa María a Real de Xunqueira de Ambía e construíu a igrexa de Santo Estevo de Sandiás, onde se observa a evolución do seu estilo desde o gótico tardío cara ao renacentismo ornamental.