"sec" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 230.

  • PERSOEIRO

    Escritor. De nome Xosé Luís González Sende, foi un dos activistas culturais ligados ás plataformas Burla Negra e Nunca Máis. Da súa produción destacan o libro de poemas Odisea e a novela Orixe (Premio Blanco Amor 2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación en que se suprime o seo frontal mediante a resección da parte anterior da súa parede inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián e galeguista. Fundou o Instituto Policlínico La Rosaleda (1964), a Sociedad de Cirugía de Galicia (SOCIRGA, 1974) e a Sociedad Gallega de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SOGACOT, 1980), da que foi o seu primeiro presidente e presidiu a Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SECOT, 1982). Foi un dos fundadores da S D Compostela (1962), da que foi nomeado presidente de honra en 1985, conselleiro da editorial Galaxia (1954) e director xerente da editorial SEPT (1969). Participou no Partido Popular Galego (PPG) e en Realidade Galega (REGA). Foi patrón fundador do Museo do Pobo Galego (1976), conselleiro do Instituto Galego de Información (1979), secretario do Consello da Cultura Galega (1983), patrón das fundacións Penzol (1988), Castelao (1989), Camilo José Cela (1990) e Alfredo Brañas (1994), membro do consello reitor do Centro Ramón Piñeiro (1995) e presidente do Patronato Rosalía de Castro (1970-2004) e da Fundación Otero Pedrayo (1979-2004). Escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao N dos Montes de Toledo (10.018 h [2001]). Ten industria alimentaria e manufacturas de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión dunha sección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo e oficina do subsecretario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Funcionario que suple ou axuda ao secretario.

    2. Membro do goberno, nalgúns países, con funcións que equivalen ás do viceministro ou ás do secretario de estado, aínda que con atribucións máis restrinxidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión dun sector principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vén inmediatamente despois, no espazo ou no tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resección do tarso ou dalgún dos seus ósos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preito documentado en 1526 que constitúe a principal fonte de información sobre as Guerras Irmandiñas. Foi levado a cabo por iniciativa de Juan Pardo Tavera, arcebispo de Santiago de Compostela, para ponderar o dano feito nas revoltas dos irmandiños, inventariar as posesións da mitra compostelá e buscar responsabilidades sobre a desaparición dalgunhas delas ao seu antecesor, Alonso III de Fonseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ocución que indica que algo é absolutamente secreto ou confidencial, especialmente referido a un documento oficial ou a unha noticia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político italiano. Coñecido como Ignazio Silone, foi voceiro da idea dun socialismo humanitario e federalista, rico en fermentos cristiáns e morais. Exiliado durante o período fascista, publicou diversas obras de loita política. Tamén destacan as súas novelas Fontamara (1930), Vino e pane (1937), Il seme sotto la neve (1940) e Il segreto di Luca (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividir algo, especialmente un ángulo, en tres partes iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de trisecar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que divide en tres partes iguais.

    2. Instrumento que se emprega para facer a trisección dun ángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das liñas semirectas que divide un ángulo en tres fraccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Las Palmas, Canarias, no sector montañoso (3.949 h [2001]). Ademais de ser núcleo turístico destaca pola agricultura e o armentío lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de esterilización masculina que consiste na ligazón ou na extirpación total ou parcial do conduto deferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (13.353 h [2001]). Na década de 1960 creouse un núcleo petroquímico. En 1995 instalouse alí o parque temático de Port Aventura.

    VER O DETALLE DO TERMO