Tavera-Fonseca, preito
Tavera-Fonseca, preito
Preito documentado en 1526 que constitúe a principal fonte de información sobre as Guerras Irmandiñas. Foi levado a cabo por iniciativa de Juan Pardo Tavera, arcebispo de Santiago de Compostela, para ponderar o dano feito nas revoltas dos irmandiños, inventariar as posesións da mitra compostelá e buscar responsabilidades sobre a desaparición dalgunhas delas ao seu antecesor, Alonso III de Fonseca.