"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • GALICIA

    Fotógrafo. Inicialmente dedicouse á fotografía de nenos xunto con J. Castuera, influenciado pola obra de Pla Janini. En 1952 estableceuse en Ferrol como retratista e logo trasladouse á Coruña. Durante eses anos formou parte do equipo de rodaxe de Rafael Gil. En 1955 realizou unha reportaxe sobre a emigración e en 1958 marchou a Alemaña para estudar fotografía en cor no Hamburger Photo Schule. Ao ano seguinte foi correspondente de TVE en Galicia e algunhas das súas imaxes expuxéronse na I Fotobienal celebrada en Vigo (1984). Expuxo a súa obra no Centro de Arte Reina Sofía, no Círculo de Bellas Artes de Madrid e no Palacio Tokio de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Andrea da Fiésole, foi discípulo de Francesco di Simone. Das súas obras destaca o dosel da catedral de Fiésole (1492) e o busto de Marsilio Ficino da catedral de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, filósofo e historiador. Formado en linguas clásicas, estudiou na École Française de Roma (1921) e de Atenas (1922), antes de ordenarse dominicano en 1924. Das súas obras destacan L’Idéal religieux des Grecs et l’Évangile (O ideal relixioso dos gregos e o Evanxeo, 1932), Le Monde gréco-romain au temps de Notre-Seigneur (O mundo grecorromano nos tempos do Noso Señor, 1935) e La Révélation d’Hermès Trismégiste (A revelación de Hermes Trismexisto, 1944-1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo materialista alemán. Estudiou teoloxía en Heidelberg e filosofía en Berlín xunto a G. W. F. Hegel (1824-1826). Membro destacado da esquerda hegeliana, argumentou contra a inmortalidade persoal e a transcendencia de Deus. Propuxo un humanismo naturalista no que a filosofía era ciencia da realidade na súa verdade e totalidade; e no que as ciencias especializadas eran aspectos abstractos do ser humano completo e, polo tanto, o home era o centro do mundo. Anos despois, o seu pensamento evolucionou cara ao materialismo fisiolóxico, aínda que sen desfacerse dalgunha das influencias do idealismo hegeliano, e utilizou a antropoloxía contra a relixión; o home crea a Deus á súa imaxe e semellanza e non ao revés. Mediante esta crítica da relixión, que conduce ao ateísmo, explicou a produción do mundo divino desde a realidade material e inverteu a tese hegeliana. Entre as súas obras destacan Gedanken über Tod und Unsterblichkeit (Pensamentos sobre morte e inmortalidade, 1830) ou Grundsätze...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fiada nocturna moi concorrida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Foi profesor de anatomía patolóxica na Universidade de Copenhaguen. En 1926 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polas súas investigacións sobre o cancro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Foi presidente da Old Walter-Colour Society (1831-1855) e un dos máximos representantes da escola paisaxística inglesa. Especializouse na pintura de mariñas. Recibiu unha medalla de ouro no Salon de 1824.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formado en Santiago de Compostela, exerceu coenxías en Salamanca e Mondoñedo e foi elixido membro do consello do Rei. Posteriormente marchou a Perú onde foi bispo de Guamanga e despois de Quito. Nomeado vicerrei de Perú e arcebispo de Santa Fe, renunciou a ambos os dous cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político salvadoreño. Foi ministro interino trala caída do presidente Zaldívar (1885) e ocupou a presidencia efectiva de 1907 a 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben diversos vermes da clase dos nematohelmintos que habitan no intestino das aves, especialmente nos falcónidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador, político, escritor e profesor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1927), en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza (1927) e doutor en Historia pola Universidad de Madrid (1936), foi profesor de ensino secundario nos institutos de Pontevedra, Balmes de Barcelona e Lugo, para finalmente exercer como director do Instituto de Bacharelato de Pontevedra. No eido da cultura, nas décadas dos anos vinte e trinta, destacou por ser un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1921), onde dirixiu a sección de Historia da Literatura (1922-1936); así mesmo, foi patrón fundador do Museo de Pontevedra (1927), do que foi secretario (1927-1942), xefe da oficina do Patronato Nacional de Turismo (1927-1934), vogal das comisións de monumentos de Lugo (1935) e de Pontevedra (1940) e vogal do Servicio de Defensa e Recuperación do Patrimonio Artístico (1938). Foi director do Museo de Pontevedra (1942), posto que ocupou ata a súa morte, membro da Comisión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo helenístico. Dirixiu unha delegación enviada a Roma polos xudeus de Alexandría durante o goberno de Calígula. Os seus escritos son un intento de conciliación entre a relixión xudía e a cultura grega por medio da arte da alegoría. Influenciado polo estoicismo, o platonismo, o aristotelismo e o neopitagorismo, consideraba que o logos intervén como mediador entre o carácter absoluto de Deus e a creación, e que a divina sabedoría se articula na natureza e na intelixencia humana. Clasifícanse as súas obras en exposicións catequéticas, comentarios alegóricos á Xenese, exposicións sobre a relixión mosaica e escritos diversos. Entre os seus traballos de esexese, destacan Comentario alegórico á Xenese; entre as obras de apoloxía do xudaísmo, Moisés e A humanidade; e, entre os tratados filosóficos, Sobre a escravitude do insensato e Sobre a liberdade do sabio. Malia a súa defensa da fe bíblica, non foi aceptado polo xudaísmo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alejandro Campos Ramírez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Finlandia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Finlandia.

    3. Lingua do phylum urálico da familia finoúgria. Os primeiros textos escritos en finlandés proceden de mediados do s XVI e, en 1958, tradúcese a parte da Biblia que corresponde ao Novo Testamento. No s XVII, cando Finlandia pasou a formar parte de Suecia, o finlandés deixou de ser lingua nacional e o sueco pasou a ser a lingua da administración e da cultura. Co inicio da Revolución Rusa (1917), Finlandia independízase. É a lingua oficial de Finlandia, pero tamén se fala na República de Carelia, Rusia e Suecia. Escríbese en alfabeto latino. Entre os trazos máis característicos do finlandés, cómpre destacar un sitema de oito vocais /i e ä y ö u o a/ e coñece a harmonía vocálica e trece consoantes /k t p d m n n r l s h j v/, que se ven afectadas pola gradación, é dicir, que cando unha consoante forte inicia unha sílaba, debilítase noutra menos forte; non hai distinción de xénero nos nomes, pero si que se conxugan en quince casos; a estrutura morfolóxica achégase á...

    4. Arte desenvolvida en Finlandia. Non se conservan construcións arquitectónicas anteriores ao s XII; os primeiros exemplos son igrexas rurais construídas en ladrillo que, xunto coa madeira, son os principais materiais construtivos, e dos que destaca a catedral de Tarku (S XIV). Empregáronse a bóveda estrelada, importada de Alemaña, e os campanarios illados de madeira, importados de Suecia. As formas góticas prevaleceron e ata o s XVII non se localizan elementos clásicos. Empregaron a planta cruciforme e a centralizada. En 1817 trazouse un novo plano para o centro de Helsinqui baseado nunha praza central rodeada de edificios, obra de Carl Ludwig Engel (1778-1840). Os escultores formados en París dende 1870 recibiron a influencia de F. Rude, J. B. Carpeaux, A. Rodin e E. A. Bourdelle. No eido da pintura, Estocolmo, lugar de formación na primeira metade do s XIX, foi substituído por Düsseldorf, e despois por París, onde Albert Edelfelt (1854-1905) recibiu a influencia do Manet preimpresionista....

    5. Arte cinematográfica producida en Finlandia. Nyrki Tapiovaara foi a primeira figura dunha certa importancia, malia ter unha carreira curta. Erik Blomberg, operador e realizador, converteu a súa muller, Mirjami Kuosmanen, na grande estrela do cine finlandés: Valkoinen peura (O reno branco, 1952). En 1956 o filme Tuntematon sotilas (O soldado descoñecido), de Edvin Laine, obtivo un premio no Festival Internacional de Cine de Cannes. Jörn Donner dirixiu e protagonizou Mustaa valkoisella (Negro sobre branco, 1967). Os mellores realizadores contemporáneos son Risto Jarva, autor de Työmiehen päiväkirja (Diario dun traballador, 1967), Rauni Mollberg, que dirixiu Maa on syntinen laulu (A terra é un canto de pecado, 1973) e o filme bélico Tuntematon sotilas (O soldado descoñecido, 1985), e Pekka Parikka, con Talvisota (A guerra de inverno, 1989). Nun terreo máis artístico cómpre destacar a Lauri Törhön con Palava Enkeli (O anxo...

    6. Nos ss XIX e XX editáronse os Vellos poemas do pobo finlandés e Contos e fábulas do pobo finlandés, pertencentes á tradición oral, pero xa a partir do s XV se imprimiron obras en latín (Missale Aboense, 1488). Cando Finlandia se separou de Suecia, a lingua de cultura era o sueco, e nos ss XVIII e XIX algúns autores que tiñan como lingua materna esta lingua escribían en finés, e no s XIX o nacionalismo reivindicou a lingua autóctona. A loita pola independencia política e lingüística contra Rusia, dirixida polo filósofo e político J. V. Snellman (1806-1881), coincidiu coa democratización do ensino e Finlandia chegou ao s XX con personalidade cultural e política propias. Na segunda metade do s XIX, Kivi puxo os alicerces do teatro nacional con Lea (1869), pero foron máis populares autores como Erkko, Cajander e Jännes. A principios do XX, Kramsu e, sobre todo, E. Leino deron un forte impulso á poesía, que xunto coas obras de Koskenniemi, Manninen, Larin-Kyösti,...

    7. A música primitiva finlandesa máis importante é a do ciclo do Kalevala, transmitida oralmente ata que se publicou entre 1908 e 1948. O instrumento autóctono máis difundido foi o kantele, parecido a un salterio. A música culta máis antiga (ss XI e XII) é de carácter relixioso. Os compositores nacionalistas inspiráronse na música popular, entre os que destaca J. Sibelius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do N de Europa que limita ao L con Rusia, ao N con Noruega e ao O con Suecia (338.145 km2; 5.181.115 h [estim 2000]). O territorio inclúe as illas Åland, un arquipélago con máis de 6.000 illas, situadas no Mar Báltico. Esténdese entre os 60° e 70° de latitude N e os 19° e 32° de lonxitude L. A capital é Helsinqui.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Xeoloxicamente, Finlandia forma parte do escudo Báltico, no que influíron as alteracións que experimentou a Península Escandinava. O relevo está formado por unha gran chaira constituída principalmente por materiais graníticos e cuberta dunha gran capa de sedimentos fluviais. Non presenta grandes altitudes, sobre todo na metade meridional, onde a altitude media é de 200 m. Ao N a chaira vese alterada por pequenos cumios de 700 m. A existencia de numerosos lagos e depósitos morénicos son o resultado da glaciación cuaternaria. A costa que corresponde ao golfo de Botnia e Finlandia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Brazo do L do mar Báltico limitado, ao N, por Finlandia, ao L, por Rusia e, ao S, por Estonia (29.500 km2). Formado no Terciario, ten 430 km de lonxitude, entre 60 e 120 km de largo e unha profundidade máxima de 115 m. A costa é moi accidentada, especialmente a finlandesa. Os principais portos son Helsinqui, Kotka, Vüpuri, San Petersburgo e Tallinn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrea di Bonaiuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. En 1842 conseguiu imaxes impresas a partir de daguerrotipos. Traballou con J. B. C. Foucault no campo da óptica e fixo a primeira medición da velocidade da luz no aire. Probou que o efecto Doppler se pode utilizar para medir a velocidade radial das estrelas. Estudiou tamén a dilatación dos cristais e a polarización da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Europa que comprende o litoral do extremo sudoccidental do mar do Norte, desde o paso de Calais ata a beira dereita do delta do Escalda; limitado ao S polos outeiros do Artois, que o separan da conca de París, constitúe o extremo occidental da chaira do N de Europa.
    Xeografía
    Corresponde a unha terceira parte do departamento francés de Nord, as dúas provincias belgas de Flandres Occidental e Flandres Oriental e o sector continental da Zelanda neerlandesa. Fisicamente distínguese o Flandres marítimo ou occidental e o Flandres interior ou oriental. O primeiro é unha chaira moi baixa, formada por unha capa de arxila de orixe marítima, desecada por canais e moi fértil; é a rexión dos pólderes. Dunha altura non superior a 5 m, grazas aos diques e ás dunas litorais, resgárdase dos azoutes do mar e das mareas. Dunha gran horizontalidade, abundan as pequenas explotacións agropecuarias. A costa, de recente formación, está constituída por un cordón de dunas,...

    VER O DETALLE DO TERMO