"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
-
Expresión latina que significa ‘adquisición por causa de morte’.
-
Expresión latina que se utiliza na adquisición a título singular que se produce co motivo da morte dunha persoa e que non constitúe un legado ou unha doazón por causa de morte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Papiro exipcio, datado en 1800 a C, que tamén se coñece como papiro Golenishchev. Elaborado en escritura hierática, contén 25 problemas matemáticos, aínda que varios son ilexibles. Catro destes problemas fan referencia á xeometría, e entre eles destaca un que trata do cálculo do volume dunha pirámide truncada. Atópase no Museo de Belas Artes de Moscova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos muscicápidos, ao que pertence o papamoscas cincento (Muscicapa striata).
-
-
Relativo ou pertencente aos muscicápidos.
-
Ave da familia dos muscicápidos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, de entre 10 e 35 cm que presentan o bico ancho na base, un pouco aplanado, co extremo superior lixeiramente ganchudo e circundado de vibrisas. Son de patas curtas, con dedos febles e a parte anterior dos tarsos escamosa, e teñen 10 rémixes principais e 12 temoneiras. Aliméntanse de insectos que cazan lanzándose ao aire. Habitan en Eurasia, África, Australia, Madagascar, Nova Zelanda, Melanesia e Hawaii.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento dalgunhas doenzas mediante o emprego da música, sobre todo no tratamento dalgunhas alteracións psiquiátricas como o autismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Meiji Tenn ō (Kyoto 3.11.1852 - Toquio 30.7. 1912) Emperador de Xapón (1867-1912), fillo e sucesor de Kōmei Tennō. Durante o seu reinado promulgouse a constitución (1889) e tiveron lugar as guerras contra China (1894-1895) e Rusia (1904-1905).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido oleoso presente nas graxas do leite ata un 2%, soluble en alcol e en éter, lixeiramente soluble en auga. Funde a -3,4°C e ferve a 205°C. Obtense como subproduto na fermentación butírica e na destilación fraccionada de ácidos graxos naturais. Emprégase na fabricación de perfumes, caucho sintético, vernices, resinas e produtos farmacéuticos.
-
LAGOS
Lago de orixe glacial, situado en Patagonia, nas provincias de Neuquén e Río Negro. Ten unha extensión de 528 km2 e está situado a 764 m sobre o nivel do mar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Pel de ovella ou da cabra, xeralmente curtida con sales de cromo, que se emprega sobre todo para facer luvas e outros artigos de confección.
-
Pel de bovino que se somete ao mesmo tratamento, e que se emprega na fabricación de calzado e dalgúns artigos de tapizaría.
-
-
Tea formada, na fía do algodón, á saída do batán abridor, de peso e de densidade controladas, coa que se alimenta o batán repasador ou acabador. OBS: Tamén se denomina tea de batán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura dun coprecipitado de xabóns de aluminio con ácidos nafténicos e ácidos graxentos, a miúdo de coco, que, engadida á gasolina, a conxela. Emprégase na carga de explosivos incendiarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de uva branca de mesa de bagos grosos e de pel transparente.
-
CIDADES
Cidade e depósito arqueolóxico de Sudán, próximo á cuarta catarata do Nilo e a uns 350 km ao N de Khartún. Fundouna Tuthmosis III no s XV a C preto de Ǧ abal Barka. Aínda que non pertenceu á administración exipcia de Alta Nubia, tivo sempre prestixio por ser o centro de culto do deus Ammón, o máis destacado de Nubia. Conservou esta condición durante o período do Reino de Kuš (750? a C-350?), época en que foi, seguramente, a capital durante un tempo. Probablemente a partir do s IV a C perdeu importancia con respecto a Meroe, aínda que mantivo a súa condición de vila sagrada. Consérvanse as súas necrópoles: Kurru, a máis antiga (760-653 a C), Nuri (690-300 a C), Sanam Abū Dom (750-425 a C) e Ǧ abal Barkal, tamén con restos de diversos templos, entre os que destaca o dedicado ao deus Ammón-Ra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
aconitina.
-
-
Propio das napeas.
-
Relativo ou pertencente ás napeas.
-
Calquera das ninfas que, segundo a mitoloxía grecolatina, habitaban nos bosques. A miúdo eran confundidas coas dríades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nariz, especialmente cando é grande.
-
PERSOEIRO
Matemático escocés. Dedicou unha boa parte do seu tempo ás investigacións matemáticas, campo onde iniciou a teoría dos logaritmos e confeccionou táboas que facilitaron en gran medida o labor dos astrónomos coetáneos. Tamén fixo estudos de teoloxía e extensos comentarios da Apocalipse de San Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de nabo.
-
RIOS
Río de América do Sur (885 km) que nace na serra dos Andes, preto do volcán Cotopaxi, en Ecuador, e desemboca no Amazonas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Ecuador (25.690 km2; 79.610 h [2001]). A súa capital é Tena (13.548 h [1995]).