Napata
Cidade e depósito arqueolóxico de Sudán, próximo á cuarta catarata do Nilo e a uns 350 km ao N de Khartún. Fundouna Tuthmosis III no s XV a C preto de Ǧ abal Barka. Aínda que non pertenceu á administración exipcia de Alta Nubia, tivo sempre prestixio por ser o centro de culto do deus Ammón, o máis destacado de Nubia. Conservou esta condición durante o período do Reino de Kuš (750? a C-350?), época en que foi, seguramente, a capital durante un tempo. Probablemente a partir do s IV a C perdeu importancia con respecto a Meroe, aínda que mantivo a súa condición de vila sagrada. Consérvanse as súas necrópoles: Kurru, a máis antiga (760-653 a C), Nuri (690-300 a C), Sanam Abū Dom (750-425 a C) e Ǧ abal Barkal, tamén con restos de diversos templos, entre os que destaca o dedicado ao deus Ammón-Ra.