"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade empresarial que forma parte da función de distribución e comprende todo o conxunto de accións que intentan adoptar as características do produto e a súa presentación ás necesidades e aos gustos do consumidor. Actúa fundamentalmente sobre o comercio polo miúdo, colaborando coas empresas deste último nivel de comercialización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía mercantil inglesa. Fundouse en Londres (1407), e no período de máximo desenvolvemento (ss XV e XVI), conseguiu controlar case todo o comercio inglés. Derrogados os seus privilexios polo Parlamento en 1689, foi disolta en 1806.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade do sistema bancario inglés, especializada en servizos financeiros, como o know-how. A súa actuación inclúe a emisión de accións, obrigas e préstamos a longo prazo normalmente asegurados, fusións e adquisicións, OPA, xestión e administración de carteiras, xestión de fondos de investimento, asesoramento empresarial ou enxeñaría financeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
melche dangre.
-
REINOS
Reino inglés fundado por Penda de Mercia (632-654). Estendíase por Midlands e ao L, desde o Fens ata o Umber. Na loita contra os outros reinos da heptarquía anglosaxoa, impuxo a súa preponderancia a partir do s VIII. Chegou ao seu apoxeo co Rei Offa de Mercia (757-796). Despois da morte deste, caeu en beneficio de Wessex.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico belga. Sacerdote (1874), arcebispo de Malinas (1906) e cardeal (1907), foi profesor en Lovaina (1882), onde fundou o Institut Supérieur de Philosophie (1889) e a Revue Néoscolastique (1894). Entusiasta do movemento neotomista, como demostrou na obra Cours de Philosophie (1892-1894), combateu o cientifismo e o modernismo. Da súa produción tamén destaca Oeuvres pastorales (1911-1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ciclista belga. É considerado, xunto con Anquetil, Hinault, Induráin e Armstrong, un dos grandes do ciclismo mundial. Gañou cinco veces o Tour de France (1969, 1970, 1971, 1972, 1974), cinco o Giro de Italia (1968, 1970, 1972, 1973, 1974), unha a Vuelta Ciclista a España (1973), sete a Milán-San Remo (1966, 1967, 1969, 1971, 1972, 1975, 1976) e tres veces o campionato do mundo (1967, 1971, 1974). Retirouse en 1978 despois de 525 vitorias como profesional.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Terceiro día da semana que segue ao martes e precede ao xoves. OBS: Tamén se denomina corta feira ou cuarta feira.
-
Primeiro día do tempo de Coresma, no calendario litúrxico católico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mercado Común del Cono Sur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maria Amelia Mercouris.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Melina Mercouri, reflectiu a súa forte personalidade nos filmes Stella (1955), Poti tin Kyriaki (Nunca en domingo, 1960; premio á mellor actriz do festival de Cannes), Topkapi (1964), 10:30 P.M. Summer (1966) e A Dream of Passion (1978). Foi deputada polo Partido Socialista grego e ministra de Cultura (1981-1989, 1993-1994). Loitou por recuperar as pezas artísticas gregas subtraídas por outros países e foi contraria ao réxime dos coroneis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación habitual coa que se coñece o mercurocromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista literaria fundada en París en 1890 por Alfred Vallete que actuou como voceira da escola simbolista, aínda que tamén estivo aberta a outras correntes e a outros escritores (entre eles os que posteriormente crearon outros grupos ou revistas como a Nouvelle revue Française). Antolóxica, crítica e informativa, cumpriu un papel importante na cultura europea, que aumentou coa creación e a actividade da casa editorial homónima.
-
-
Relativo ou pertencente ao deus Mercurio ou ao planeta Mercurio.
-
-
Relativo ou pertencente ao mercurio.
-
ungüento mercurial
Fórmula farmacéutica preparada con manteiga, lanolina e mercurio metálico que se empregaba antigamente como antiparasitario.
-
-
Planta herbácea anual, glabra ou pouco pelosa, de ata 50 cm de altura, que presenta talos ramosos, follas pecioladas, ovais e lanceoladas, flores de cor verdosa ou amarela, as femininas sésiles, e froito en cápsula. Florece entre abril e novembro en campos cultivados ou incultos e marxes de camiños. É moi frecuente en Europa e Asia. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades como diurético e purgante. En Galicia tamén está presente a especie Mercurialis perennis, de flores femininas pedunculadas, pubescente e perenne.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, normalmente dioicas, sen látex, da familia das euforbiáceas, que presenta follas simples e opostas, flores masculinas en espigas e femininas solitarias ou en pequenos glomérulos e de froitos en cápsula bilobular. En Galicia están presentes as especies M. annua e M. perennis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación con preparados mercuriais.
-
-
Relativo ou pertencente ao mercurio.
-
Que ten mercurio.
-
Aplícase aos compostos de mercurio onde ten a valencia ou número de oxidación +2.
-
-
-
-
-
Elemento metálico pertencente ao grupo II B da táboa periódica, de número atómico 80 e peso atómico 200,59, situado entre o ouro e o talio. É líquido a temperatura ambiente e dunha cor branca de prata. É un elemento pouco abundante, aínda que está moi diseminado. O mineral de mercurio máis importante é o cinabrio. Na industria, este mineral é torrado nunha corrente de aire a unha temperatura de 600°C, e obtense o mercurio: HgS + O 2 D Hg + SO 2 . O mercurio é un redutor potente e presenta unha extraordinaria afinidade polo xofre. Numerosos metais disólvense no mercurio e forman unha amálgama; entre estes destacan os do sodio e os do potasio, que son moi redutores. Tanto o mercurio metálico como os seus sales son tóxicos, e os derivados do metilmercurio son os máis perigosos. O mercurio forma compostos en que actúa cun número de oxidación de +2 e os correspondentes ao grao +1 son inestables. O mercurio emprégase na fabricación de termómetros, barómetros,...
-
calomelanos.
-
Sólido cristalino que se presenta en forma de cristais incoloros que se funden a 277 °C. Forma numerosos sales dobres e complexos denominados cloromercuriatos.
-
Sólido brillante dunha cor escarlata que se atopa na natureza formando o cinabrio, o máis refrinxente dos minerais coñecidos. Quéimase en presenza do aire e descomponse en mercurio e xofre. Emprégase na obtención de mercurio.
-