mercurio
(< lat Mercurĭu)
-
s
m
[QUÍM]
Elemento metálico pertencente ao grupo II B da táboa periódica, de número atómico 80 e peso atómico 200,59, situado entre o ouro e o talio. É líquido a temperatura ambiente e dunha cor branca de prata. É un elemento pouco abundante, aínda que está moi diseminado. O mineral de mercurio máis importante é o cinabrio. Na industria, este mineral é torrado nunha corrente de aire a unha temperatura de 600°C, e obtense o mercurio: HgS + O 2 D Hg + SO 2 . O mercurio é un redutor potente e presenta unha extraordinaria afinidade polo xofre. Numerosos metais disólvense no mercurio e forman unha amálgama; entre estes destacan os do sodio e os do potasio, que son moi redutores. Tanto o mercurio metálico como os seus sales son tóxicos, e os derivados do metilmercurio son os máis perigosos. O mercurio forma compostos en que actúa cun número de oxidación de +2 e os correspondentes ao grao +1 son inestables. O mercurio emprégase na fabricación de termómetros, barómetros, manómetros, lámpadas eléctricas de descargas, rectificadores eléctricos gasosos de potencia e explosivos.
Sinónimos: azougue, hidrarxirio. -
cloruro de mercurio (I)/mercurioso
[MINERAL]
calomelanos.
-
cloruro de mercurio (II)/mercúrico
[QUÍM]
Sólido cristalino que se presenta en forma de cristais incoloros que se funden a 277 °C. Forma numerosos sales dobres e complexos denominados cloromercuriatos.
-
sulfuro de mercurio (II)/mercúrico
[QUÍM]
Sólido brillante dunha cor escarlata que se atopa na natureza formando o cinabrio, o máis refrinxente dos minerais coñecidos. Quéimase en presenza do aire e descomponse en mercurio e xofre. Emprégase na obtención de mercurio.