"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Inflamación e induración dos corpos cavernosos do pene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mononucleose infecciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das agaváceas, ao que pertence o formio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das apiáceas, que teñen as follas redondas, moi divididas, as flores brancas dispostas en umbelas compostas e os froitos con costelas filiformes. En Galicia dáse a especie P. cornubiense que é moi abundante en bosques e en lugares onde hai breixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos piciformes.

    2. Ave da orde dos piciformes.

    3. Orde de aves, de 8 a 60 cm de lonxitude, coas patas cigodáctilas e os dedos provistos de garras fortes. Aniñan en buratos feitos na terra ou nas árbores, e os polos nacen cegos e nus. Son arborícolas e o seu voo é mediocre e marcadamente ondulado. Habitan nos bosques das rexións tropicais e temperadas, agás en Australia, Nova Zelanda, Madagascar e Polinesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de demencia presenil, que se dá entre 40 e 60 anos, que cursa con agnosia, apraxia, afasia e existencia vexetativa, debida a unha atrofia cerebral localizada nos lobos frontal e temporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista italiano. Traballou sobre todo en Milán, onde reformou o Palazzo Reale en estilo neoclásico (1769-1778), proxectou o Palazzo Belgioioso (1777) e o Teatro alla Scala (1776-1778). Urbanizou a Piazza dell’Arcivescovado (1780), proxectou a Via Santa Radegonda (1783) e varios xardíns públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de KwaZulu/Natal, situada en República Sudafricana (156.473 h [1991]). Fundada polos bóers en 1838, é un centro comercial e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de pelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e modelista. Discípulo de P. Bontemps, co que colaborou na tumba de Francisco I, realizou segundo o proxecto de F. Primaticio, as esculturas da Rotonde des Valois e o Monument du coeur du roi Henri II (1561). Elaborou entre 1565 e 1570 as estatuas do sepulcro real conservadas na abadía de Saint-Denis e traballou nas capelas secundarias da Rotonde (Saint François dans l’extase). Tamén realizou a estatua orante en bronce do Chancelier René de Birague (1584-1585), o sepulcro de mármore da esposa deste, Valentine Balbiani, e o busto de Jean de Morvilliers. Ademais esculpiu a medalla de todos os Valois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e inspector de educación. Catedrático de Filosofía e Letras e inspector de educación da Comunidad de Madrid, foi conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria (1990-1996) e presidente do Consejo Escolar del Estado (1996-2000). Recibiu a medalla de prata da Universidade da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera tipo de dermatose supurativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación supurativa da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de pera.

    2. Músculo piramidal da pelve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de peixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de chícharo.

    2. Óso que está no carpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarquista. Foi un dos fundadores do Sindicato de Industria Pesquera de Cariño (1933), integrado na CNT. Foi detido polos sucesos de outubro de 1934 e pasou algún tempo recluído no castelo de San Filipe (Ferrol). Nos primeiros días do golpe militar de 1936, embarcou coa totalidade dos directivos do sindicato cara ao porto francés de Saint-Nazaire. Trasladouse a Almería, e integrouse na Agrupación de Gallegos Libertarios, colaborou co voceiro confederal Galicia Libre, exilándose en Orán, onde foi confinado nun campo de concentración. Puido entrar en Francia e embarcou xunto cos seus irmáns Xosé e Vicente rumbo a Chile, onde se estableceu en Valparaíso. Continuou a súa vinculación coa Delegación del Movimiento Libertario en Chile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Impresor e político. Instalado en Ferrol en 1848, comezou a traballar con Nicasio Taxonera. En 1851 estableceuse pola súa conta cunha libraría e cun obradoiro propios, onde editou o xornal El Faro Marítimo (1851) e El Brigantino. Liberal, foi concelleiro en Ferrol e deputado provincial por Betanzos. Nesta época dirixiu na Coruña o xornal La Concordia e encargouse da impresión de diversos libros de texto da Mariña. Posteriormente exerceu os cargos de gobernador civil de Santander, Jaén, Ávila, Segovia e Soria, ata que, coa renuncia de Amadeo de Savoia, regresou a Ferrol para desenvolver novamente o seu labor como impresor e concelleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos placodermos.

    2. Peixe fósil da clase dos placodermos.

    3. Clase de peixes acoirazados provistos de mandíbulas, próximos evolutivamente aos condritios.

    VER O DETALLE DO TERMO