Pita Bermúdez, Ricardo

Pita Bermúdez, Ricardo

Impresor e político. Instalado en Ferrol en 1848, comezou a traballar con Nicasio Taxonera. En 1851 estableceuse pola súa conta cunha libraría e cun obradoiro propios, onde editou o xornal El Faro Marítimo (1851) e El Brigantino. Liberal, foi concelleiro en Ferrol e deputado provincial por Betanzos. Nesta época dirixiu na Coruña o xornal La Concordia e encargouse da impresión de diversos libros de texto da Mariña. Posteriormente exerceu os cargos de gobernador civil de Santander, Jaén, Ávila, Segovia e Soria, ata que, coa renuncia de Amadeo de Savoia, regresou a Ferrol para desenvolver novamente o seu labor como impresor e concelleiro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Betanzos

  • Deceso

    Lugar : Ferrol