"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación que se basea na interpretación dos soños. Presente nas relixións e culturas máis antigas, a verdadeira oniromancia presupón que os soños teñen unha linguaxe non comprensible para todos e que, polo tanto, precisan ser interpretados por persoas especializadas.
-
PERSOEIRO
Anacoreta. Fillo dun rei de Persia, algunhas fontes fano rei de Hungría. Viviu durante sesenta anos nunha cova e alimentouse só de dátiles. A tradición atribuíulle o tecido dunha túnica feita con follas de palmeira. Represéntase como un home vello e nú, cuberto coa súa barba e como atributos porta un caxato, unha palmeira, un cranio e, ás veces, unha coroa tirada no chan, alusión á súa orixe real. A súa festividade celébrase o 12 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de adiviñar o que lle depara o futuro a unha persoa a través do estudo do seu nome.
-
MONTAÑA
Montaña situada no centro-oeste da illa de Honshū, Xapón (3.063 m). É a segunda montaña sagrada do país, despois do Fuji-san.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia azul que se atopa na casca dos ovos das aves.
-
PERSOEIRO
Astrónomo neerlandés. En 1924 ingresou no Observatorio Astronómico de Leiden e en 1935 converteuse no seu director ata 1970. Presidente da Unión Astronómica Internacional (1958-1961), dedicouse ao estudo e distribución das galaxias, especialmente da Vía Láctea, da que descubriu e determinou a rotación diferencial (1927), así como as características da súa estrutura espiral (1952). En 1950 propuxo a teoría sobre a orixe dos cometas, na que expón que os cometas se orixinan nunha nube de corpos xeados (nube de Oort) que xira ao redor do Sol e que está formada por restos da nube de gas e po primitiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudou a formación das primeiras moléculas orgánicas a partir dos compoñentes inorgánicos dunha atmosfera primixenia, baixo a influencia dos raios ultravioletas do Sol. Das súas obras destacan A orixe da vida (1924) e A orixe química da vida (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera dos elementos que interveñen nunha operación para dar un resultado. Cada operación require un número fixo deles, normalmente dous. Segundo sexa este número, a operación denomínase diádica, monádica (como a identidade ou a complementación), triádica, etc. Nalgunhas operacións, os operandos reciben nomes especiais segundo o lugar que ocupan (primeiro ou segundo, respectivamente): sumandos na adición, minuendo e subtraendo na subtracción, multiplicando e multiplicador (e factor calquera dos dous) na multiplicación, e dividendo e divisor na división.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen opera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalino, de gusto amargo, que funde a 150°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
narcotina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de dependencia do opio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen padece opiomanía.
-
-
Relativo ou pertencente aos opistobranquios.
-
Molusco da subclase dos opistobranquios.
-
Subclase de moluscos, da clase dos gasterópodos, que se caracterizan por unha distorsión parcial do saco visceral que ten como obxectivo desfacer a espiralización primitiva. A maioría non teñen cuncha, ou é moi fina e está recuberta polo manto, e adoitan ser mariños, bentónicos litorais, aínda que hai algúns peláxicos. Existen formas herbívoras e depredadoras.
-
-
-
Punto craniométrico saxital que se sitúa no punto máis sobresaínte do occipital cara a atrás.
-
Punto somático saxital que se sitúa no punto máis sobresaínte do occipital. É o punto máis afastado da glabela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oleorresina amarga que se extrae das raíces da especie Opopanax chironium e que se emprega como incenso e perfume e, en medicina, como antiespasmódico. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das apiáceas, que presentan tamaño grande, follas bipinnadas cos folíolos dentados, flores dispostas en umbelas compostas de cor amarela ou branca e froitos oleosos. A especie máis coñecida deste xénero é O. chironium, da que se obtén unha oleorresina do mesmo nome. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico alemán. Coñecido como Max Ophüls, os seus filmes reflicten un grande interese por diversos aspectos do romanticismo alemán e mostran unha técnica pictórica case barroca. Dirixiu Liebelei (Amoríos, 1933), La signora di tutti (1934), Werther (1938), Letter From an Unknown Woman (1948), La ronde (1950), Madame de... (1953) e Lola Montès (1955). Recibiu un premio honorario en Berlín polo conxunto da súa carreira (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Foi un dos pioneiros da investigación nuclear e do estudo dos raios cósmicos. Traballou no proxecto Manhattan - a fabricación da primeira bomba atómica estadounidense- que foi dirixido polo seu irmán, Julius Robert Oppenheimer.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e sociólogo. Interesouse pola análise do cambio social, que explicou mediante modelos dinámicos, e foi o introdutor do socialismo liberal. Escribiu Die Siedlungsgenossenschaft: Versuch einer positiven Überwindung des Kommunismus durch Lösung des Genossenschaftsproblems und der Agrarfrage (A cooperativa agraria: ensaio dunha superación positiva do comunismo mediante a solución do problema cooperativo e da cuestión agraria, 1896) e System der Soziologie (Sistema da socioloxía, 1922-1935).
VER O DETALLE DO TERMO