Oort, Jan Hendrick

Oort, Jan Hendrick

Astrónomo neerlandés. En 1924 ingresou no Observatorio Astronómico de Leiden e en 1935 converteuse no seu director ata 1970. Presidente da Unión Astronómica Internacional (1958-1961), dedicouse ao estudo e distribución das galaxias, especialmente da Vía Láctea, da que descubriu e determinou a rotación diferencial (1927), así como as características da súa estrutura espiral (1952). En 1950 propuxo a teoría sobre a orixe dos cometas, na que expón que os cometas se orixinan nunha nube de corpos xeados (nube de Oort) que xira ao redor do Sol e que está formada por restos da nube de gas e po primitiva.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Franeker

  • Deceso

    Lugar : Leiden