"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

    1. Moeda francesa de ouro cuñada co busto de Napoleón I Bonaparte entre 1805 e 1815, sobre todo a peza de 20 francos. A de 40 francos de ouro chamábase dobre napoleón.

    2. Moeda de ouro de Luís Napoleón (Napoleón III) de igual valor á cuñada entre 1805 e 1815, cos seus múltiplos, cinco napoleóns (100 francos), dous napoleóns e medio (50 francos), e submúltiplos, medio napoleón (10 francos), e un cuarto de napoleón (5 francos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estadista corso, fillo de Carlos Bonaparte e Maria Laetizia Ramolino. Formouse nas escolas militares de Brienne e de Champ de Mars (París). Aínda que inicialmente as súas ideas comulgaron coas do independentista P. Paoli, durante a Revolución Francesa amosouse favorable á anexión con Francia, polo que, para evitar represalias, fuxiu a Marsella coa súa familia (1793). Declarado xacobino, comezou unha brillante carreira militar ata a Reacción Termidoriana (1794) -cando o prenderon- que recuperou posteriormente ao ser nomeado capitán do exército do interior. En París coñeceu e casou (1796) con Xosefina Beauharnais e ese mesmo ano marchou a Italia, onde conseguiu, tras unha brillante campaña, a celebración do Congreso de Rastatt (1797), o Tratado de Campoformio (1797) e a modificación do mapa político europeo: suprimiu o Reino de Venecia e creou a República Cisalpina. Pasou a Exipto para atallar os británicos na ruta cara ás colonias orientais e quedou illado pola destrución da súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Roma, fillo de Napoleón I Bonaparte e de María Luísa de Austria. De nome Francisco Carlos Xosé Bonaparte, era o sucesor do imperio e foi nomeado rei de Roma. Napoleón I Bonaparte abdicou nel en 1814 e 1815. Desde 1814 residiu en Viena, onde o nomearon príncipe de Parma e despois duque de Reichstadt (1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Francia (1852-1870), fillo de Luís de Holanda e de Hortensia de Beauharnais. De nome Carlos Luís Napoléon Bonaparte, foi elixido deputado na Asemblea Constituínte, emprendeu unha campaña propagandística en que alertaba a xente de orde (orleanistas, lexitimistas e católicos) contra o perigo do extremismo da guerra e foi elixido presidente. O 2 de decembro de 1851 deu un golpe de estado, feito que o converteu en xefe absoluto de Francia. Disolveu a asemblea, declarou o estado de sitio, restaurou o sufraxio universal e convocou un plebiscito demandando poderes extraordinarios para ditar unha constitución. O 2 de decembro de 1852, feito o plebiscito, foi proclamado emperador. Simpatizante do saint-simonismo e afeccionado á economía política, tentou mellorar a economía francesa, emprendeu grandes traballos públicos e reurbanizou París. A súa política exterior foi un continuo fracaso e as guerras (Crimea, 1854-1856; ataque a Italia en 1859; expedición a México, 1862-1867) foron impopulares...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos soberanos franceses chamados Napoleón.

    2. Partidario dos soberanos franceses chamados Napoleón ou da súa dinastía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Campania e da provincia homónima, Italia (993.386 h [2001]). Pola súa situación, na beira noroccidental do golfo de Nápoles, a chaira que se estende aos pés do Vesubio foi sempre un centro moi importante. A cidade ocupa a chaira e os outeiros inmediatos á liña de costa. O crecemento urbanístico deu lugar á incorporación de diversos centros veciños que se converteron en barrios industriais ou residenciais da metrópole (Portici, Casoria, Pozzuoli, Resina). Ademais de centro portuario e comercial, Nápoles chegou a ser un gran núcleo industrial da metalurxia, da construción de maquinaria, do refinamento de petróleo, da química e do sector téxtil. É tamén un centro cultural destacado con universidade e outras escolas de estudos superiores. Fundada polos gregos de Cumas cara ao ano 600 a C e conquistada polos samnitas no s IV a C, aliouse con Roma en 328 a C. Ocupada polos bizantinos (536) e os ostrogodos (542), aqueles recuperárona en 552 e administrárona ata o s VII, cando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Campania, Italia (1.171 km2; 3.009.678 h [2001]). A súa capital é Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ourive. Foi o introdutor do manierismo escurialense na ourivaría galega. Estableceu un obradoiro en Celanova onde realizou varios traballos para o mosteiro de San Salvador de Celanova. Destacan dúas arcas de prata para gardar as reliquias de san Rosendo e san Trocado, entre outros, realizadas en 1598.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Antigo reino de Italia, que comprendía toda Italia do sur e Sicilia. Conquistada Nápoles con Roxelio II de Sicilia en 1139, non chegou a ser parte do reino, que pasou ao imperio por medio do seu neto, o Emperador Federico II. O seu fillo Manfredo I de Sicilia usurpou o trono siciliano en 1258, pero foi derrotado por Carlos I de Nápoles en 1266, quen perdeu Sicilia en 1282, conquistada pola Coroa de Aragón, e os anxevinos quedaron reducidos ao Reino de Nápoles. Adquirido por Afonso V de Aragón o Magnánimo tras unha longa guerra (1435-1442), quedou unido baixo o seu goberno. En 1494 Carlos VIII de Francia, herdeiro dos dereitos dos Anjou, preparou a expedición a Italia, que arruinou a dinastía aragonesa de Nápoles e coa que comezaron as Guerras de Italia. Sucedeuno o seu fillo, Afonso II de Nápoles, quen se uniu co papa e con Florencia, pero que abdicou en 1495 en favor do seu fillo Fernando II de Nápoles (1495-1496). Este tivo que fuxir dos franceses en 1495, xa que aquel mesmo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nápoles ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nápoles.

      1. Escola artística xurdida en Nápoles baixo o dominio da Coroa de Castela. O s XVII foi o de máis esplendor, e destacaron os arquitectos Domenico Fontana e C. Fanzano. En pintura foi decisivo o papel de Caravaggio, en 1607, quen influíu en G. Battista Caracciolo, J. Ribera, G. Battista Ruippolo e G. Recco, e os bamboccianti. A estancia de Artemisia Gentileschi reforzou a tendencia ao caravaggismo melodramático de M. Stanzione, A. Vaccaro e B. Cavallino; e Mattia Preti introduciu a técnica e o gusto decorativo de Veronese. O pintor máis destacado foi Luca Giordano. No s XIX dominou o paisaxismo de Posillipo, con Antonio Pitloo e Giancinto Gigante; e Filippo Palizzi formou a Domenico Morelli, de quen foi seguidor Gioacchino Toma. Co virtuosismo de Edoardo Dalbono e Francesco Paolo Michetti manifestouse a influencia de Fortuny.

      2. Grupo de compositores do s XVIII nacidos ou activos no reino de Nápoles, case dedicados exclusivamente á ópera e á oratoria, e caracterizados polo feito de crear un estilo que acabou sendo xeral na ópera italiana daquel século. Considéranse iniciadores a F. Provenzale e A. Scarlatti, quen introduciu diversas convencións que configuraron a ópera seria. Unha segunda corrente dentro da escola napolitana é a ópera bufa, nacida do intermezzo. Destacaron especialmente despois de A. Scarlatti, N. Porpora, G. B. Pergolesi, N. Jommelli, N. Picini, G. Paisiello e D. Cimarosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra checo. Chegou a Rusia en 1861 e compuxo óperas e catro sinfonías. Čajkovskij dedicoulle a súa ópera A doncela de Orlèans (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método terapéutico utilizado en psiquiatría que consiste en inducir farmacoloxicamente un sono artificial para aproveitar os seus efectos biolóxicos e psicodinámicos no tratamento de diversos trastornos mentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista estadounidense publicada en Washington a partir de outubro de 1888 como voceiro da National Geographic Society, constituída nove meses antes. Baixo a presidencia de Gardiner G. Hubbart, comezou como un diario erudito e sen ilustracións que evolucionou cara á cor e ás reportaxes fotográficas realizadas por fotógrafos de renome internacional. Creada para aumentar e difundir o coñecemento xeográfico e estimular a exploración, inclúe reportaxes de historia, ciencia e conservación do medio. Cunha periodicidade mensual, distribúese en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade xeográfica estadounidense creada en Washington en 1888. A súa actividade comprende diversos proxectos e expedicións científicas. Destacan, entre outras, as buscas arqueolóxicas levadas a cabo en Perú (Machu-Pichu) e noutras paraxes de América (como a península de Yucatán) e do mundo. Publica, entre outras, a revista mensual National Geographic Magazine, editada en España a partir de outubro de 1997, libros científicos e atlas, e realiza programas para a televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome grego co que se coñeceron na Antigüidade clásica varias cidades como Nápoles, Kabala, Polignano, Sardeña e Empúries, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución neerlandesa, creada en 1970, que se dedica ao estudo da demografía. É innovadora na aplicación dos modelos de estudo da nupcialidade, na formación de novos fogares, na prospectiva e nas migracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema económico capitalista tal e como se caracteriza a partir da década de 1950. As súas características máis importantes son un avance tecnolóxico ininterrompido, en boa parte consecuencia da carreira armamentística; e unhas relacións de explotación cos países do Terceiro Mundo, por causa do crecemento da produción e a necesidade de mercados. O crecemento dos gastos en armamento emprendeuse como medida con efectos anticíclicos e amortecedores da violencia das crises, mais tamén orixinou, en boa parte, unha tendencia á inflación permanente. A crise que estourou no sistema capitalista a partir de 1973, resultado das contradicións que xeraron os mecanismos anteriores, puxo fin a esta fase expansiva do capitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neocapitalismo.

    2. Partidario do neocapitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa que fundaron en 1994 Jim Clark e Mark Andreessen, que desenvolveu o primeiro navegador con éxito comercial para moverse por Internet. Orixinouse no programa Mosaic e deseñouse no National Center for Supercomputing Aplications (NCSA). Está dirixida desde 1995 por James Barcksdale.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación en que existe unha concentración normal de anhídrido carbónico no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO