"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Wily, recibiu en 1989 a bolsa Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1989). A súa obra amosa a influencia das tendencias máis vangardistas da escultura, entre outros a de F. Leiro. Talla directamente na mateira e consegue figuras expresionistas e sinópticas en que reelabora a estética surrealista. Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio do Certame de Artes Plásticas Xuventude 90 e o primeiro premio Trienal Latina (Viana do Castelo, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. A súa obra encádrase dentro do postexpresionismo, influída polas últimas tendencias de Henri Matisse. Caracterízase polo uso dunha gama de cores planas, das que destacan os verdes, amarelos e carmíns, cun debuxo mínimo e onde a cor é a protagonista. Participou, entre outras exposicións, na Mostra Unión Fenosa e en 1991 obtivo o primeiro premio no concurso Carlos Maside do concello de Pontecesures.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Exerceu como médico no Hospital da Caridade, no gremio de mareantes e no Hospital Militar, e foi cronista oficial de Vigo. De temática médica escribiu Hidrología médica de Galicia (1877), a obra histórica Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores (1840) e a literaria La tía Marizápalos. Cuentos maravillosos de magia (1840). Foi correspondente da Real Academia de Medicina de Galicia e da Real Academia de la Historia. Recibiu a Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Quedou cego moi novo e estudou piano, frauta, composición e harmonía. Foi concertista, mestre de capela en Pontevedra, director de grupos orquestrais de música clásica e desenvolveu un sistema mixto de escritura para cegos en colaboración co doutor Mascaró. Como compositor destaca a súa zarzuela Los hijos de Minerva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico e historiador. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1919), realizou investigacións históricas e heráldicas. En 1926 ingresou no Seminario de Estudos Galegos onde promoveu Terra de Melide (1933). Colaborou en diversas publicacións como Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Nós, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudos Galegos ou o Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo. Das súas obras destacan Cotos e xurisdicións de Galicia: pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante (1929) e Don Juan Vázquez de Mella y Galicia (1963). Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro de diversas asociacións de estudos xenealóxicos e heráldicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, conde de Borrajeiros. Doutor en Dereito pola Universidad Central de Madrid (1926), foi maxistrado do Tribunal Supremo do Corpo de Maxistrados de Traballo. Dirixiu a revista Foro Gallego (1950-1960) e colaborou en numerosas publicacións con traballos sobre dereito laboral e social, civil e procesal, e dereito nobiliario. Realizou tamén estudos biográficos, xenealóxicos e históricos. Destacan, entre outras obras, Los Poderes generales para pleitos: facultades que otorgan y actividades procesales que no autorizan, Los Antiguos padrones de estado en los concejos rurales de Galicia, El Procesalista Herbella de Puga: vida y obras de este gran jurisconsulto (1952), Los Títulos nobiliarios y su regulación legislativa en España (1953), Los Requisitos de procebilidad en la casación civil española (1980), Las Sucesiones nobiliarias y su regulación legislativa después de la Constitución (1983) e En defensa de la nobleza gallega...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Licenciado en Dereito pola Universidad Pontificia de Comillas, foi capelán militar. Abade da colexiata de Santa María do Campo da Coruña, promoveu a creación do seu Museo de Arte Sacra. Presidente da Asociación de Amigos del Museo y de la Colegiata e membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, escribiu, entre outras obras, Juan Pablo II amigo de los jóvenes (1989), Morir con dignidad (1992), Historias de A Coruña (1993), Familia y hogar (1994) e Faro de luz (1997). Recibiu a Medalla de Ouro da Coruña, a Medalla Castelao (1999) e a cruz da orde de San Raimundo de Peñafort.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Carlos II en 1683 a María Tareixa de Taboada Villamarín e Castro (1666-?), señora, entre outras, das fortalezas de Taboada, Vilamarín e Torres de Cereixo. Casou con Xosé Bieito de Lanzós Novoa e Andrade, IV conde de Maceda, e ambos os dous títulos permaneceron unidos ata a morte de Gonzalo Manuel de Lando e Lanzós , V conde de Taboada e IX de Maceda. Bieto Gil de Taboada e Lemos (1729-1813?), converteuse no VI conde de Taboada. Sucedérono os seus fillos Filipe Gil de Taboada , VII conde de Taboada, Francisco Gil de Taboada , VIII conde de Taboada, Xosé Gil de Taboada , IX conde de Taboada, e Vicente Gil de Taboada , X conde de Taboada, e o seu sobriño Manuel Roldán e Gil de Taboada (1763-1832), XI conde de Taboada. Sucedérono os seus fillos Nicolao Roldán de Taboada e Rioboo (?-1842),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no centro histórico de Betanzos. Realizado en estilo neoclásico en 1805, destaca a fachada principal onde se atopa, sobre a porta, o escudo dos condes de Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Barreiro, Antas de Ulloa 1628? - Santiago de Compostela? 1680?) Escultor. Trasladouse a Santiago de Compostela en 1642 onde puido ser discípulo de Bernaldo Cabrera. En 1655 xa tiña obradoiro propio. Realizou o desaparecido retablo maior de San Vicente de Noal (Porto do Son), traballou na capela maior da catedral de Santiago de Compostela e rematou o retablo da capela do Rosario de San Domingos de Bonaval (1666). Colaborou con Xerónimo de Castro Losada no retablo da Transfiguración da catedral de Ourense (1668), e no retablo da capela do bispo de Quito na colexiata de Iria Flavia (1667?). Atribúeselle ao seu obradoiro o retablo da capela de Santa Tareixa en Santa María de Salomé e o retablo maior de Santo Agostiño, ambos en Santiago de Compostela. Parece ser que traballou co organista da catedral compostelá, Xoán Fernández de Caamaño, na reparación do órgano maior en 1676.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Deza ao seu paso por Prado (Lalín) e Taboada (Silleda). Trátase dunha ponte de cantaría dun só van oxival, con rasante alombada que conserva unha inscrición do s X. Atópase no Camiño Real de Ourense a Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Silleda. Construíuse en estilo románico sobre unha necrópole anterior. Pertenceu ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Ten planta de nave única e cabeceira rectangular, que no exterior presenta un aspecto macizo amodo de torre. Destaca a fachada principal cunha portada de dobre arquivolta tórica que se apoian en columnas acobadeladas. No tímpano está esculpida a figura dun cabaleiro montado sobre un animal ao que domina. Remata nun campanario de dous vans cunha balconada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá co taco no xogo do billar.

    2. Serie de carambolas feitas con golpes seguidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da orde dos quirópteros, co corpo de cor parda pálida, macizo, patas robustas, ás longas e estreitas e orellas moi grandes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gupo de linguas da familia daica que se falan nunha extensa zona do SL asiático (Tailandia, Laos, Myanmar e algúns territorios de China e Vietnam). Inclúe, entre outros, o shan, falado nos estados shan de Myanmar e na provincia de Yunnan, en China; o lao ou laosiano, falado ao N de Laos e ao N e ao L de Tailandia; o tai ou siamés, falado no centro e S de Tailandia; o tai branco e o tai negro, falados ao N de Vietnam e en Guangxi; o lü, falado ao N de Tailandia; e o zhuang, falado nas provincias de Guangxi Zhuang e Guizhou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción propia dun talabarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contido dunha taleiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción que resulta de cortar certos alimentos, especialmente a carne.

    2. Corte profundo e alongado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión de terra cultivada cerrada cun valado.

    2. Monte situado nun terreo chairo e abrigado que produce bos pastos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Penouta (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.526 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO