tai-kadai
tai-kadai
s
m
[LING]
Gupo de linguas da familia daica que se falan nunha extensa zona do SL asiático (Tailandia, Laos, Myanmar e algúns territorios de China e Vietnam). Inclúe, entre outros, o shan, falado nos estados shan de Myanmar e na provincia de Yunnan, en China; o lao ou laosiano, falado ao N de Laos e ao N e ao L de Tailandia; o tai ou siamés, falado no centro e S de Tailandia; o tai branco e o tai negro, falados ao N de Vietnam e en Guangxi; o lü, falado ao N de Tailandia; e o zhuang, falado nas provincias de Guangxi Zhuang e Guizhou.