tai
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo tai ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo tai.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo moi numeroso, con afinidades lingüísticas e culturais, que representa unha variante meridional dentro do grupo xantodermo, disperso por unha gran zona que vai de Assam na illa de Haian e de Yunnan (S de China) ata o golfo de Tailandia. Representa as 3/5 partes da poboación de Vietnam, Laos, Tailandia, China meridional e de Myanmar. O grupo máis numeroso é o siamés ou tai propiamente dito, que habita no S e no centro de Tailandia. Outros grupos importantes son o lao, en Laos e ao N de Tailandia, o shan, ao NO de Myanmar, o lü, en Yunnan, en Laos, ao N de Tailandia e en Myammar e o tai branco, en China e en Vietnam.
-
s
m
[LING]
Lingua tai-kadai do phylum áustrico que se fala en Tailandia. Dispón dun alfabeto propio, creado en 1233, derivado do devanagari indio. Pódense distinguir tres dialectos: o ubon do NL, o chiangmai do N e o nakhornsrithamrat do S. De estrutura esencialmente monosilábica, algúns dos seus trazos son: o sistema numeral decimal, a falta de flexións verbais para as persoas e os números, a formación dos tempos e os modos por medio de verbos auxiliares e a presenza de cinco tons. A lingua literaria adoptou o dialecto de Bangkok xa nos primeiros documentos do s XIII.