Taibo Arias, Carlos
Profesor e escritor, irmán de Xosé Ignacio Taibo Arias. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, doutor en Ciencias Políticas e profesor na Universidad Autónoma de Madrid, foi membro fundador do Centro de Estudios del Este, tema que foi protagonista nos seus estudos e nas diferentes publicacións posteriores. É columnista de política internacional da BBC de Londres e colaborador de política internacional en xornais como La Vanguardia, El País, La Voz de Galicia e El Correo. Ademais é autor de numerosos traballos relacionados con este tema, como Los mariscales de agosto (1991), La Unión Soviética (1993), Europa sen folgos (1994), Los conflitos yugoslavos (1995), A nova desorden internacional (1998), Un novo Terceiro Mundo? (2000), A desintegración de Iugoslavia (2001), Imperio norteamericano e capitalismo global (2003) e El conflito de Chechenia (2005). Recibiu o Premio Nacional de la Crítica de Ensayo pola súa obra Nove ensaios sobre o porvir da Europa do Leste (1992).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid