"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria e Borgoña (673 e 675-691) e de Austrasia (679-691), irmán e sucesor de Clotario III. Durante moitos anos foi pupilo do mestre de palacio Ebroín, quen o impuxo como rei de Neustria á morte do seu irmán. Deseguido foi deposto pola nobreza. Morto Khilderico II de Austrasia en 657, volveu ser nomeado rei, pero Ebroín derrotouno e opúxolle ao seu fillo Clodoveo III. Chegaron a un entendemento e Ebroín protexeuno de novo e impúxoo en Austrasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filamento ou fibra sintética de poliéster moi resistente, lanzado ao mercado baixo o nome comercial de Tergal, pola firma francesa Societé Rhodiaceta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De maneira oportuna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a teúrxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relevo nororiental do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. Está constituído por un continuo de outeiros separados por profundas incisións de forma alongada e de pouca altitude (468 m), que se estenden desde Bad Lippspringe ata Rheine, preto do Ems.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado ao N da Cordilleira Cantábrica e regado polo río Teverga (2.111 h [2001]). A poboación está diseminada, e o núcleo do termo é La Plaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política inglesa. Coñecida como a Dama de ferro, en 1950 ingresou no Conservative Party e en 1975 foi elixida líder do mesmo. En 1979 converteuse na primeira muller en acceder ao cargo de primeira ministra en Europa. Foi reelixida en 1983 e 1987 e impulsou o liberalismo económico. A impopularidade da lei de impostos Pol Tax e a dimisión do ministro de finanzas Lawson (1989) e do seu conselleiro privado fixeron que dimitise en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Influído por santo Alberte o Magno e os neoplatónicos, opúxose á distinción tomista entre esencia e existencia. Escribiu De cognitione entium separatorum (Sobre o concepto da separación dos seres) e De intellectu et intelligibili (Sobre a intelixencia e o intelixible).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor, fillo de El Greco. En Toledo, colaborou na construción da casa do concello, con N. Vergara e J. B. Monegro, e interveu na capela mozárabe da catedral. Como pintor traballou co seu pai en diversas obras. Das súas obras destaca Noli me tangere (1651?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante e relixioso francés. Profesou como carmelita, pero despois da invasión de Francia en 1940, volveu á mariña. Alto comisario no Pacífico, foi o xefe da frota francesa libre. Entre 1945 e 1947 foi alto comisario en Indochina coa misión de restablecer a soberanía francesa na Unión Indochinesa, o que provocou os incidentes de 1946. Renunciou á vida militar e ingresou nun convento carmelita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Coñecido como Daley Thompson, dominou a proba do déca­thlon durante a década de 1980 e participou en catro xogos olímpicos. Nos de Moscova (1980) e Los Angeles (1984) conseguiu a medalla de ouro. Foi dúas veces campión de Europa, en Atenas 1982 e Stuttgart 1986, e campión mundial en Helsinqui 1983. Entre 1980 e 1984 conseguiu superar catro veces a mellor marca mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Realizou investigacións importantes en aerodinámica, que levou a cabo durante a Primeira Guerra Mundial e estudou con Chadwick a enerxía atómica e a fusión nuclear. En 1827 descubriu a difracción dos electróns, o que lle permitiu estudar a súa natureza ondulatoria, independentemente de C. J. Davisson. En 1937 recibiu, xunto con C. J. Davisson, o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón do NL de Suíza (991 km2; 229.550 h [2000]). A súa capital é Frauenfeld (21.059 h [1998]). É unha rexión de outeiros que se estenden ao pé dos Prealpes que están cortados por amplos vales abertos do Thur e os seus afluentes. Destaca a agricultura e as industrias metalúrxicas, téxtiles e alimentarias. Ocupado polos xermánicos desde o s V, durante a Idade Media converteuse en condado dependente, sucesivamente, dos duques de Zähringen, dos condes de Kyburgo e da casa de Habsburgo. En 1460 foi conquistado polos confederados e administrado como señorío común ata a Revolución de 1798. A Carta de Mediación napoleónica de 1803 declarouno cantón independente e integrado na Confederación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Brabante Setentrional, Países Baixos (193.116 h [2000]). É un dos primeiros centros de industria téxtil do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Especialista en modelos econométricos, estudou cuantitativamente os resultados das medidas de política económica. Das súas obras destacan The Dinamics of Business Cycles (1950), On the Theory of Economic Policy (1952), Developement Plannig (1968) e Income distribution (1975). Recibiu, xunto con Ragnar Frish, o Premio Nobel de Economía en 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etólogo. Investigou a psicoloxía animal e estableceu o valor do estímulo como signo, no sentido de que os sinais transmitidos polos animais inclúen secuencias de conduta, que denominou mecanismo innato de liberación, relacionado coa existencia dunha unidade coordinadora no sistema nervioso. Destacan The Study of Instinct (1954) e The Animal in Its World. Field Studies (1932-1972). En 1973 recibiu, xunto con Konrad Lorenz, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. uz.

    2. Pau que se coloca en sentido horizontal no pescozo dalgúns animais domésticos para evitar o seu paso por determinados lugares.

    3. ara verde e flexible que se utiliza para atar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adolfo Correia da Rocha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco ou trapo de tea vello e sen ningún servizo.

    2. Persoa sucia e descoidada no seu aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO