Thurgau
Thurgau
Cantón do NL de Suíza (991 km2; 229.550 h [2000]). A súa capital é Frauenfeld (21.059 h [1998]). É unha rexión de outeiros que se estenden ao pé dos Prealpes que están cortados por amplos vales abertos do Thur e os seus afluentes. Destaca a agricultura e as industrias metalúrxicas, téxtiles e alimentarias. Ocupado polos xermánicos desde o s V, durante a Idade Media converteuse en condado dependente, sucesivamente, dos duques de Zähringen, dos condes de Kyburgo e da casa de Habsburgo. En 1460 foi conquistado polos confederados e administrado como señorío común ata a Revolución de 1798. A Carta de Mediación napoleónica de 1803 declarouno cantón independente e integrado na Confederación.