"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Avogado e xornalista. Mantivo varios preitos contra as xerarquías eclesiásticas, tanto no caso das oblatas parroquiais coma en cuestións de matrimonios e dereito canónico. Ademais de colaborar con El Pensamiento Galaico en 1894, publicou Oblatas parroquiales (1900) e En un pleito canónico (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Entre 1901 e 1904 ingresou na cadea, acusado de disparar contra o oficial da Garda Civil responsable da represión da folga xeral do mes de maio. Presidente da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos, viaxou á Arxentina onde se relacionou cos anarquistas. Membro da Federación de Sociedades Obreras de la Región Española da Coruña (1905), participou en 1919 no congreso da Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e formou parte da ponencia que debateu a unión entre a CNT e a Unión General de Trabajadores (UGT). Contra o 1920 foi deportado tralas loitas sociais desatadas na cidade herculina e retirouse da militancia activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Recibiu a primeira formación musical co seu pai, Xosé Courtier, violinista que tivo como discípulo a Pablo Sarasate. Posteriormente, estudiou a carreira de piano no conservatorio de Madrid. Rematados os estudios, foi director da banda de música da Pobra de Trives, ata que acadou, por oposición, a praza de director da Banda Municipal de Ourense (1910). A banda ourensá conseguiu con el triunfos en distintos certames. Dedicou parte da súa actividade á composición; escribiu a música para a zarzuela Flor de cardo, sobre texto de Antonio Suárez de Puga, estreada no Teatro Eslava de Madrid o día 25 de maio de 1904. Ten un só acto dividido en catro cadros, en prosa e verso, e editouse na imprenta de S. Velasco, en Madrid. A acción transcorre en terras valdeorresas; o río Sil aparece nomeado repetidas veces. A muiñeira da obra está dedicada a Helena Quiroga Velarde. Da súa produción destacan, ademais, as pezas Rosicler, Hechizo, El Club, Os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. De formación autodidacta, viaxou por Europa e instalouse en Barcelona. Nas súas obras utilizou a figuración cun estilo expresionista e esquemático, achegado á abstracción e cunha paleta chea de tonalidades neutras, ocres, grises e negras. Das súas obras destacan, entre outras, Mediterraneoatlántico (1986), Los Bárbaros (1989) e as colaxes. Participou nas convocatorias da Bienal de Pontevedra e acadou unha bolsa da Deputación de Pontevedra (1983) e outra da Xunta de Galicia (1985). Participou en numerosas mostras colectivas, entre elas, Plástica Gallega (1981), Mail-Art 666 (Bélxica, 1982), Homenaje a Castelao (1982), Alternativas 80 (Salvaterra do Miño, 1985), 3 pintors (Barcelona, 1988) e I Mostra Unión Fenosa (1989). Individualmente, celebrou diversas exposicións na Sala Alma (Vigo, 1980), na Galería Sargadelos (Santiago de Compostela, 1983), na Galería Matisse (Barcelona, 1987) e na Galería Evmaros (Atenas, 1987). Recibiu, entre outros galardóns,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esquizocarpo procedente dun ovario bicarpelar ínfero e que na madureza se divide en dous mericarpos que quedan colgados dun carpóforo bisecto. É típico das apiáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expoñer os defectos e as carencias de algo ou de alguén.

    2. Emitir un xuízo sobre unha obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou na execución e na montaxe de polípticos. A súa pintura deriva dos Vivarini e de Francesco Squarcione, e ten puntos de contacto coa escola de Ferrara. O seu estilo, dun gótico tardío, é de liñas angulosas, con cores moi vivas e figuras con certa sensualidade, adornadas con ricas vestiduras á maneira bizantina. Entre as súas obras destacan María Madalena, A coroación da Virxe e A Anunciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deformar mediante un golpe ou con golpes continuados unha superficie facéndolle bultos ou ocos.

    2. Saír un bulto na cabeza como consecuencia dun golpe.

    3. Madurar as castañas fóra da árbore.

    4. Deformarse unha superficie producíndose concavidades ou ocos pola acción dun ou varios golpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na parroquia do Carril (Vilagarcía de Arousa) en 1893. Á parte dos contidos propios do periódico, Luís Bouza Trillo comezou a publicar por entregas a novela La Torre del Miadelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cravar a alguén nunha cruz para causarlle tormento ou matalo.

    2. Causar unha extremada molestia física ou moral a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Formouse na Escuela de Bellas Artes de Caracas (1940-1945), onde foi profesor. Traballou no campo da publicidade e do deseño gráfico. Foi profesor na facultade de Periodismo da Universidad Central de Venezuela (1959-1960), na École Supérieure des Beaux Arts da Université d’Enseignement et de Recherches de París (1972-1973) e no Instituto Internacional de Estudios Avanzados de Caracas (1986-1993). En 1960 estableceuse en París e en 1986 regresou ao seu país para dirixir a Unidad de Arte do Instituto Internacional de Estudios Avanzados (IDEA) de Caracas (1986-1993). As súas obras, fisicromías e inducións cromáticas, inscríbense na arte cinética. Tendeu a integrar o espazo arquitectónico como elemento de ambientación das súas obras e realizou intervencións arquitectónicas en distintos lugares, como a Fisicromía de dobre face no Recinto Ferial Parque Juan Carlos I de Madrid (1991). Entre os galardóns que recibiu destacan o Gran Premio da III Bienal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Multiplicar por catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caracterizar a alguén ou a algo cunha determinada calidade ou característica.

    2. Avaliar ou determinar as calidades ou perfección de algo ou alguén segundo uns baremos determinados.

    3. Presentar o escrito de cualificación nun proceso penal.

    4. Superar unha proba eliminatoria que permite pasar á seguinte nunha competición estruturada en distintas fases.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinar a cantidade dalgunha cousa.

    2. Aplicar unha cuantificación.

    3. Determinar a cantidade lóxica dunha proposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevar un número ao cubo.

    2. Determinar o volume dun corpo en función das súas dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘comprender’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantar o cuco.

    2. Facer ostentación do que se é ou do que se ten.

    3. Pasar o momento que se considera propicio para realizar algo, especialmente referido á idade.

    4. Dar por terminado algo, especialmente referido a unha amizade.

    5. Atraer moito unha persoa a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto da familia dos blátidos pertencente á orde dos ditiópteros, de corpo deprimido e cabeza parcialmente oculta baixo un prototórax grande e con forma de escudo. A boca é mastigadora, as antenas longas e finas, as patas espiñentas con tarsos de cinco artellos, dous cercos patentes ao final do abdome, dous pares de ás dos que o anterior é correoso e mantense horizontalmente sobre o dorso. Aínda que algunhas especies son vivíparas, en xeral as femias depositan os ovos nun casulo ou en ootecas de consistencia dura e cor castaña que poden transportar con elas durante varios días. A larva, segundo a especie, aumenta de tamaño entre 6 e 12 veces. Este grupo de insectos sufriu poucos cambios fundamentais dende a súa aparición no Carbonífero superior hai 250 millóns de anos. Coñécense máis de 3.500 especies de distribución principalmente tropical. Entre outras, destacan a cascuda doméstica americana , Periplaneta americana, de ata 8 cm de lonxitude, que é unha excelente...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir sons os porcos, especialmente os bacoriños.

    2. Queixarse o can, especialmente cando persegue unha presa no monte.

    VER O DETALLE DO TERMO