Cruz Díez, Carlos

Cruz Díez, Carlos

Artista plástico. Formouse na Escuela de Bellas Artes de Caracas (1940-1945), onde foi profesor. Traballou no campo da publicidade e do deseño gráfico. Foi profesor na facultade de Periodismo da Universidad Central de Venezuela (1959-1960), na École Supérieure des Beaux Arts da Université d’Enseignement et de Recherches de París (1972-1973) e no Instituto Internacional de Estudios Avanzados de Caracas (1986-1993). En 1960 estableceuse en París e en 1986 regresou ao seu país para dirixir a Unidad de Arte do Instituto Internacional de Estudios Avanzados (IDEA) de Caracas (1986-1993). As súas obras, fisicromías e inducións cromáticas, inscríbense na arte cinética. Tendeu a integrar o espazo arquitectónico como elemento de ambientación das súas obras e realizou intervencións arquitectónicas en distintos lugares, como a Fisicromía de dobre face no Recinto Ferial Parque Juan Carlos I de Madrid (1991). Entre os galardóns que recibiu destacan o Gran Premio da III Bienal Americana de Arte (1966), o Premio Nacional de Artes Plásticas de Venezuela (1971). En 1985 foi nomeado Officier des Arts et des Lettres de Francia (1985) e dende 1998 pertence á Academia de Ciencias, Artes y Letras de Mérida (Venezuela).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Caracas