"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de talos reptantes, follas carnosas e opostas, flores solitarias e pentámeras, e froito en cápsula esférica. Florece entre abril e agosto en areais e dunas costeiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de escritura musical empregado na polifonía medieval. Consiste nun desprazamento de notas e silencios, cunha alternancia rápida, que fai que unhas voces canten cando as outras teñen pausa.
-
PERSOEIRO
; Orador latino. Foi cuestor (81 a C), edil (75 a C) e pretor (72 a C), e conseguiu grandes éxitos grazas á novidade da súa elocuencia, influída polas escolas gregas de Asia Menor. Foi elixido cónsul (69 a C) e combateu a Pompeio (66 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soberano inca (1493-1525), fillo de Túpac Inca Yupanqui. Dominou as tribos no N do Imperio ata Chapapoyas e Mayopampa (NL do Perú). Trala súa morte, os seus fillos Atahualpa e Huáscar dividiron o seu imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Termo aplicado polos ingleses aos colonos sublevados de Nova Inglaterra e, máis tarde, durante a Guerra de Secesión, polos sudistas aos nordistas.
-
Aplícase aos norteamericanos de orixe anglosaxona.
-
-
Relativo ou pertencente a EE UU e aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de EE UU. OBS: Nestas dúas acepcións pode adoptar un matiz despectivo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola química, que fusionou a alquimia, a medicina e a química, e que a practicaban os seguidores de Paracelso desde o s XVI. Pretendía explicar os fenómenos da fisioloxía humana mediante reaccións químicas.
-
GALICIA
Poeta. Formado no seminario de Mondoñedo, licenciouse en Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e conseguiu en 1949 a cátedra de Latín de ensino medio. Posteriormente, desempeñaría esa mesma cátedra en Pontevedra e Santiago de Compostela. Investigador e crítico, realizou numerosas traducións de clásicos grecolatinos, como o Carmen saeculare de Horacio, e colaborou en diversas publicacións periódicas. Un dos seus proxectos non rematados foi a realización dun gran dicionario da lingua galega, o que o levou á recollida de miles de voces para o Instituto Padre Sarmiento. Influenciado por Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Antero Quental e, sobre todo, polo saudosismo de Teixeira de Pascoaes, a súa obra poética está condicionada por unha perspectiva paisaxista de inspiración clásica, que a posteriori se coñecería como neovirxilianismo. Autor de difícil adscrición, a cabalo entre a Xeración do 25 e a do 36, pode situarse a carón doutros grandes creadores da literatura galega como...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. É licenciado en Ciencias da Información. Redactor de Faro de Vigo, publicou, entre outras obras, Cierto olor a cuerno quemado (1967), Asreveiv (1976), Pensamiento de Mi-Au (1979), Retorno a Panolilandia (1980) Inédito-2 (1982) e Os cabalos de troula (1990?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Nacionalizado uruguaio, foi ministro de Relaciones Exteriores de Uruguay (1985-1988) e presidente do Banco Interamericano de Desarrollo desde 1988. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana de 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo e mártir de Antioquía. Coñecido como o Teóforo ‘portador de Cristo’, era discípulo de san Xoán Evanxelista. Perseguido durante o goberno de Adriano, foi conducido a Roma cara ao 107 onde foi lanzado aos leóns no Coliseo. Na iconografía viste túnica e palio coma os apóstolos, ás veces co peito medio descuberto e leva como atributo o anagrama do nome de Xesús Cristo, outras veces un ou dous leóns, e tamén unha arpa ou outro instrumento musical. A súa festividade celébrase o 17 de outubro, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 1 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
inalcanzable.
-
-
Que non se pode conquistar.
-
Aplícase a quen non se deixa convencer nin influenciar por ninguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal de información pesqueira fundada por Xosé Barreras Massó e editada en Vigo a partir do 15 de abril de 1927. Como publicación decana da prensa especializada europea, está considerada como unha das referencias máis rigorosas do seu sector. Dirixírona Fernando de Miguel Rodríguez, F. Fernández del Riego, Valentín Paz Andrade e Alfonso Paz-Andrade. Ademais dos seus contidos económicos, nos seus primeiros tempos incluíu unha sección literaria e artística, onde colaboraron prestixiosos intelectuais e artistas. Co tempo converteuse nun medio máis orientado cara á economía, aos mercados, á tecnoloxía e ás normativas do sector pesqueiro. Cunha tiraxe de 5.200 exemplares, difúndese principalmente entre os armadores e patróns de pesca, ademais das empresas de comercialización e transformación de produtos pesqueiros. En 2002 celebrouse unha exposición no Museo do Mar de Vigo para conmemorar o seu 75 aniversario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non dá lugar a dúbida ou equivocación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non pode ser esquecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título pertencente á rama principal dos Mendoza, concedido en 1475 a Diego Hurtado de Mendoza y de Figueroa, marqués de Santillana, Agüero e Campoo e conde do Real de Manzanares.
-
-
Que é imposible ou difícil de franquear.
-
Que non se pode ou é moi difícil de superar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha.
-
PERSOEIRO
Pintor francés, fillo do pintor e escultor Jean-Marie-Joseph Ingres. Formouse na academia de Tolouse (1791-1797) e no taller de J. L. David en París (1797). Gañou o Prix de Rome (1801) coa tea Les ambassadeurs d’Agamemnon e pintou os retratos de Napoleón I Bonaparte como primeiro cónsul (1804). En Roma (1806) admirou a Rafaello Sanzio e pintou diversas obras que foron mal acollidas polos académicos de París (La baigneuse de Valpinçon, 1808; Jupiter et Thétis, 1811). Achegouse á sensibilidade romántica, sen abandonar a minuciosidade técnica neoclásica (Le sogne d’Ossian, 1813; La Grande Odalisque, 1814). O seu Le Vœux de Louis XIII (1824) e a Apothéose d’Homère (1827), expostas no Salon respectivo, convertérono en bandeira da oposición académica ao romanticismo de Delacroix. Profesor (1829) e presidente (1850) da École des Beaux-Arts, dirixiu Villa Medici en Roma (1834-1841). Trala súa estancia en Roma, foi senador e pintou, entre outras obras, Portrait de Mme....
VER O DETALLE DO TERMO