Industrias Pesqueras

Industrias Pesqueras
[PUBLIC]

Revista quincenal de información pesqueira fundada por Xosé Barreras Massó e editada en Vigo a partir do 15 de abril de 1927. Como publicación decana da prensa especializada europea, está considerada como unha das referencias máis rigorosas do seu sector. Dirixírona Fernando de Miguel Rodríguez, F. Fernández del Riego, Valentín Paz Andrade e Alfonso Paz-Andrade. Ademais dos seus contidos económicos, nos seus primeiros tempos incluíu unha sección literaria e artística, onde colaboraron prestixiosos intelectuais e artistas. Co tempo converteuse nun medio máis orientado cara á economía, aos mercados, á tecnoloxía e ás normativas do sector pesqueiro. Cunha tiraxe de 5.200 exemplares, difúndese principalmente entre os armadores e patróns de pesca, ademais das empresas de comercialización e transformación de produtos pesqueiros. En 2002 celebrouse unha exposición no Museo do Mar de Vigo para conmemorar o seu 75 aniversario.

Palabras veciñas

industrialista | industrialización | industrializar | Industrias Pesqueras | industrioso -sa | indutancia | indutivo -va