indutancia

indutancia

(

  1. s f [FÍS]

    Propiedade dun circuíto eléctrico en virtude da que se produce unha fem por indución.

  2. [FÍS]
    1. s f

      Magnitude que expresa a propiedade da indutancia.

    2. inductancia mutua [M]

      Relación entre o fluxo magnético que se produce nun circuíto a causa da corrente que circula por outro próximo, e esta corrente. A unidade de medida é o henry.

    3. inductancia propia [L]

      Relación entre o fluxo magnético total que abrangue un circuíto eléctrico e a corrente que circula. L é igual a Nφ/I, sendo N o número de espiras, φ o fluxo dunha espira e I a corrente. A unidade de medida é o henry.