indutor -ra

indutor -ra
  1. adx e s

    Que ou quen induce.

    Ex: O indutor de crime quedou impune.

  2. s m [FÍS]

    Parte dunha máquina eléctrica que contén o bobinado de excitación. Nas máquinas de corrente continua, o indutor é o estator, pero nas síncronas de corrente alterna adoita ser o rotor.

  3. s m [FISIOL]

    Cada unha das substancias segregadas polo centro organizador que controlan a indución embrionaria.

  4. indutor enzimático [BIOQ]

    Substancia que estimula a síntese do enzima. Pode ser o propio substrato do enzima ou unha substancia semellante.

Palabras veciñas

industrioso -sa | indutancia | indutivo -va | indutor -ra | induvia | induviado -da | induvial