indutor -ra
indutor -ra
-
adx e s
Que ou quen induce.
Ex: O indutor de crime quedou impune.
-
s
m
[FÍS]
Parte dunha máquina eléctrica que contén o bobinado de excitación. Nas máquinas de corrente continua, o indutor é o estator, pero nas síncronas de corrente alterna adoita ser o rotor.
-
s
m
[FISIOL]
Cada unha das substancias segregadas polo centro organizador que controlan a indución embrionaria.
-
indutor enzimático
[BIOQ]
Substancia que estimula a síntese do enzima. Pode ser o propio substrato do enzima ou unha substancia semellante.