"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Loiret, Francia, ao SSO de París (113.126 h [1999]). Situada nas beiras do Loire, é un centro comercial e industrial, favorecido pola súa situación na antiga ruta París-España, Tours e Bordeos, e pola descentralización das áreas industriais da aglomeración parisiense. Antiga Cenabum, vila comercial dos carnutos, rebelouse contra César en 52 a C. Clodoveo, despois de conquistala (498), reuniu alí o primeiro dos concilios da Igrexa de Galia. Foi capital do Reino de Orléans, creado en 511 polo Rei Clodoveo I e polo seu fillo Clodomiro, e durou ata 613; os normandos devastárona e no s X pasou aos Capetos. Sostivo o condado de Armaguac e resistiu os ataques dos ingleses ata que foi liberada (1429) por Xoana de Arco. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de Saint- Pierre-le-Pueiller, románica, Saint-Euverte (ss XIII, XV e XVII), Saint-Aignan (s XV), con cripta do s XI; Notre-Dame-de-Recouvrance, iniciada en 1513 en estilo renacentista; e a catedral gótica da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio francés segregado da coroa real e erixido en 1344 sobre o antigo condado carolinxio de Orléans (posesión dos Robertinos ou Capetos do s X) polo Rei Filipe VI de Francia para o seu fillo Filipe I de Orléans , morto sen descendencia en 1375. Despois de volver a mans da coroa francesa, o Rei Carlos VI concedeullo ao seu irmán Luís de Francia ( Luís de Orléans ) en 1392. O seu sucesor, Carlos de Orléans , foi pai de Luís XII de Francia ( Luís II de Orléans ). Segregado unha vez máis da coroa en 1626, foi outorgado por Luís XIII de Francia ao seu irmán Gastón de Francia ( Gastón I de Orléans ). En 1660 Luís XIV de Francia concedeullo ao seu irmán Filipe II de Orléans (pai de María Luísa de Orléans e de Filipe III de Orléans e avó de Luís III de Orléans e de Luísa Isabel de Orléans ). O seu tataraneto foi ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou como retratista na corte de Margarida de Austria e de María de Hungría. Recibiu a influencia dos coloristas do Renacemento italiano e do estilo de Rafael, Dürer e Miguel Anxo. Xunto á pintura, desenvolveu outras actividades artísticas, como o deseño de tapices e vidreiras. Pintou Xuízo Final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Colaborou, entre outras numerosas publicacións, en Mercure de France, e dirixiu La Nervie. Tivo un papel importante entre os simbolistas, e defendeu a arte pola arte. Das súas obras destacan Hubert Ponscarme (1907), Évolution de la medaille au XIXe siècle (1907), Métabolisme (1921), L’evasión spirituelle (1921) e Véronèse (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Naturalizada francesa, coñeceu a G. Apollinaire e os cubistas, e na súa obra tratou a figura humana con estilizacións segundo o espírito cubista. A súa escultura é de formas alongadas e elegantes, e destacan L’homme à la pipe (1924), Mon fils-marin (1927) e La danseuse (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Establecido en EE UU desde 1920, iniciouse como director en 1924, e dirixiu a orquestra de Nova York e a Minneapolis Symphony Orchestra. En 1938 sucedeu a L. Stokowski á fronte da Philadelphia Orchestra, que dirixiu ata 1980 e na que desenvolveu un son cálido moi característico, coñecido como son de Philadelphia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Agregado de filosofía, durante moitos anos compaxinou o seu traballo na UNESCO cun posto en diversos ministerios. Director do xornal Le Figaro (1972-1976), na súa obra alternou lembranzas poetizadas da súa vida, como en Du côté de chez Jean (1959), Au revoir et merci (1966), Le vagabond qui passe sous une ombrelle trouée (1978), con novelas como L’amour est un plaisir (1956), La gloire de l’Empire (1971, Prix de l’Académie Française), Au plaisir de Dieu (1974, Prix Balzac), Dieu, sa vie, son oeuvre (1981) ou Le vent du soir (1985). Galardoado co Premio Chateaubriand (1984) polo conxunto da súa obra, foi elixido membro da Académie Française (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación que se fundamenta na observación do canto ou do voo das aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ornitisquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Catedrático de Lingua Inglesa na Facultade de Humanidades de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (2002). Colaborador habitual de revistas especializadas como Resla, Stvdium e Anglo-american Studies, publicou diversos libros, dos que destacan Glosario técnico-naval (1973), Construciones con nexos relativos en el inglés contemporáneo (1989), On translation historical aspects, interpretability and linguistic trifles (2001), Current trends in linguistics. An english morphology based study (2002) e Debate lingüístico. Otto Jespersen (1860-1943) (2003). En 1992 recibiu unha Mención da Universidad de Extremadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta anual, que pertence ao xénero Orobanche, da familia das orobancáceas, que é parasita de raíces de fabáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás orobancáceas.

    2. Planta da familia das orobancáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, da orde das escrofulariais, que son parasitas de raíces, carecen de clorofila e presentan follas escamosas e alternas, flores pentámeras, de corola tubulosa e máis ou menos bilabiada, agrupadas en espigas ou acios, e froitos en cápsula loculicida. A maioría son propias do hemisferio norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas parasitas, da familia das orobancáceas, que presentan follas escamiformes, flores bilabiadas, dispostas en espigas ou acios e de froitos capsulares. Parasitan plantas moi diversas e algunhas especies adoitan estragar certos cultivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. En México foi actor, director, produtor, guionista e compositor de bandas sonoras. A súa carreira comezou coa produción Sagrario (1933), onde tamén participou como actor para posteriormente centrarse na dirección en filmes como Madre querida (1935), Siboney (1938), Una mujer de oriente (1946), Secretaria peligrosa (1955), La maldición de mi raza (1964), Historia de un gángster (1968) e El tren de la muerte (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático. Foi vicepresidente da Asociación Numismática Madrileña, membro do comité executivo dos Congresos Nacionales de Numismática e secretario da Sociedad Iberoamericana de Estudios Numismáticos. Posúe unha importante colección de moedas de Castela e León e Galicia, e escribiu Acuñaciones de Alfonso IX (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á alta montaña mediterránea.

    2. Alta montaña mediterránea, de clima frío no inverno e relativamente seco no verán. Comprende as altas montañas de Andalucía e as do N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Foi martirizado na cidade italiana de Lecce, da que é o patrón. A súa festividade celébrase o 26 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Segundo a tradición, era filla do rei de Bohemia, que chegou a Hispania para casar cun príncipe visigodo. Os mouros prendérona en Aragón e degolárona. Viste manto real, coroa e cetro, xunto coa palma que representa o martirio. A súa festividade celébrase o 25 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Orovio. Foi ministro de Fomento (1865-1868 e 1874-1875) e de Facenda (1868 e 1877-1880). Realizou un cambio no ensino universitario que afectou aos planos de estudo e á eliminación de determinadas facultades. Estableceu o decreto de 26 de febreiro de 1875 polo que todos os profesores debían suxeitarse aos textos oficialmente autorizados e someter os programas das súas disciplinas á aprobación do goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Formouse culturalmente grazas ás súas viaxes por Europa, ata que se instalou sucesivamente en Ibiza, Madrid e Vigo. Foi colaborador das revistas Bonaval e Coordenadas, onde publicou algúns dos seus poemas, como “Golosá” ou “Alicia”. Estableceu relacións co movemento beat e participou na revista desta tendencia, Poetry. A súa poesía caracterízase polo rexeitamento das formas tradicionais e un achegamento á expresión automática, onde abundan as imaxes case imposibles e místicas. Da súa produción destacan os libros poéticos Elenkar (1976), Cabalum (1980), Poesía (1994), Cuando se habla de ti (1998) e En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO