orobancáceo -a
orobancáceo -a
(< lat científico Orobanche)
-
adx
Relativo ou pertencente ás orobancáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das orobancáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas herbáceas, da orde das escrofulariais, que son parasitas de raíces, carecen de clorofila e presentan follas escamosas e alternas, flores pentámeras, de corola tubulosa e máis ou menos bilabiada, agrupadas en espigas ou acios, e froitos en cápsula loculicida. A maioría son propias do hemisferio norte.