oroch

oroch
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo oroch.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo oroch.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo tungús que vive na ribeira esquerda do Amur na zona costeira ante a illa de Sakhalin (Siberia). Son cazadores e pescadores e crían renos. Algúns autores relaciónanos cos indios de América do Norte pola semellanza das cabanas.

Palabras veciñas

orobanca | orobancáceo -a | Orobanche | oroch | orofarinxe | orófilo -la | orófito