"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que significa ‘garda civil’.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Agolada. Pertenceu a un antigo mosteiro feminino da orde beneditina. Os primeiros datos fiables sobre o cenobio constatáronse nunha doazón da abadesa ao mosteiro de Sobrado, o 1 de maio de 1171, aínda que é probable que existira anteriormente. En 1504, Xulio II confirmou a doazón a San Paio de Antealtares. O templo erixiuse entre os ss XII e XIII. De estilo románico, ten nave rectangular con ábsida semicircular. Destaca a súa portada con arco de medio punto, así como os capiteis decorados.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Realizou estudos de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Director do programa cultural Galicia Enteira, emitido na TVG desde xullo de 1995, foi xefe do gabinete de prensa da CRTVG, onde promoveu e dirixiu a revista da compañía, CRTVG. Tamén ocupou os cargos de xefe de prensa do Mundobasket 86 e da Cámara de Comercio de Ferrol. Recibiu o 3º Premio de Xornalismo Gastronómico (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi conselleiro secretario de Luís XIV de Francia, quen o enviou xunto a Filipe V (1702) para refacer as finanzas castelás. Reorganizou a administración cun criterio racionalista e aconsellou a introdución do cargo de intendente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, desenvolveu toda a súa actividade xornalística en Galicia, especializado no ámbito político e social. Foi correspondente en Galicia de El Periódico de Catalunya (1993-1999), directivo da Asociación da Prensa de Santiago e delegado de Faro de Vigo en Santiago de Compostela ata 2000, cargo que abandonou para incorporarse como director do xornal La Opinión A Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico danés. Foi profesor na Universidade de Copenhaguen. Experimentou a comprensibilidade dos gases, construíu un piezómetro e traballou na aplicación do efecto termoeléctrico. Preocupado polas relacións entre a electricidade e o magnetismo, fixo un gran número de experimentos nestes campos e iniciou unha nova rama da física, o electromagnetismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Licenciada en Belas Artes e profesora de Comunicación Audiovisual na Universitat Politècnica de València a partir de 2002, expuxo en València (1990), Gandía (1992) ou Vigo (1996). Participou noutras mostras colectivas como a Exposición Universal de Mie (Xapón) e a VII Fotobienal de Vigo (1996), ademais de formar parte da colección permanente do CGAC.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi ministro de Educación (1980-1981) e de Educación, Universidades e Investigación (1981). Exerceu como director corporativo en Repsol (1995-2002). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. En 1963 fundou Confecciones GOA dedicada á confección de batas con ombreiras fabricadas con menos custos, distribuídas e vendidas directamente a prezos menores ca a competencia, e en 1975 inaugurou a primeira tenda Zara na Coruña. Expandiu os seus negocios da rama téxtil por todo o mundo. O alto volume de negocios das súas empresas levouno á creación de Inditex (1985), grupo que preside e que en 2001 comezou a súa cotización no mercado bolsista. A través doutras sociedades participa tamén en empresas doutros sectores, como o eléctrico e a construción. En 2001 creou a Fundación Amancio Ortega, que ten como finalidade o desenvolvemento e modernización dos procesos de ensino e a incorporación de tecnoloxías avanzadas nos centros escolares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Manolo Caracol, iniciouse no canto flamenco desde moi novo, xa que o seu pai tamén era cantante. Despois de gañar un concurso de canto marchou a Madrid, onde traballou en diversas compañías de variedades. En 1943 formou parella artística con Lola Flores, coa que realizou os filmes Embrujo (1946) e La niña de la venta (1951). Gravou varios discos, entre os que destaca Una historia del cante (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político nicaraguano. Membro de diversos movementos clandestinos de resistencia contra o réxime de Anastasio Somoza, co triunfo sandinista de 1979 foi nomeado membro da xunta do goberno revolucionario. Foi elixido presidente da República de Nicaragua en 1984. As guerrillas, o embargo económico de EE UU e a inflación crecente foron a causa da súa derrota nas eleccións de febreiro de 1990, que concederon a presidencia do país a Violeta Chamorro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humorista gráfico e pintor. Ilustrou numerosas novelas, realizou litografías e editou El Fisgón (1865), El Sainete (1867) e Jeremías (1869). Exiliouse en Francia en 1871 e publicou as súas ilustracións en diferentes xornais satíricos de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e xornalista. Colaboradora habitual do xornal L’Europeo, a súa obra reflicte unha sensibilidade neorrealista moi próxima ao realismo máxico. Da súa produción destacan Angelici dolori (1937), Il mare non bagna Napoli (1953, Premio Viareggio), I giorni del cielo (1958), L’iguana (1965, Premio Fiuggi 1986), Poveri e semplici (1967, Premio Strega), Il capello piumato (1979), Il mormorio di Parigi (1986), Il cardillo adolorato (1993), Alonso e i visionari (1996) e La luna che trascorre (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ortigueira. Construíuse entre 1776 e 1799, en estilo neoclásico. Ten unha soa planta de cruz latina, cuberta con bóveda de canón. No interior destacan os retablos barrocos de Antonio Domínguez Estivadas (1765), un no altar maior e outro na capela do Rosario. No exterior ten un pórtico de catro arcos desde o que se accede ao templo. Arquitectonicamente forma parte do conxunto do antigo convento dos dominicanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Foi enviado a Galicia para traballar nas obras de construción do Arsenal de Ferrol (1764-1771), e en ausencia de J. Sánchez Bort, encargouse da dirección das murallas da dársena. Proxectou tamén o barrio da Magdalena na mesma cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Dirixiu as colonias escolares do Sanatorio Marítimo Nacional de Oza dos Ríos e participou no Congreso Pedagóxico da Coruña (1926). Ademais das obras literarias Prosas aladas del jardín interior (1916), De mi breviario lírico (1921), Salterio Triunfal (1922) e Quiso robar una estrella (1923), escribiu tamén Colonias Escolares. La experiencia de Oza de los Ríos (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. Profesor titular na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en botánica, escribiu as obras A Alameda: Xardín pacego de Santiago (1986), Estudio fitosociológico de los jarales de Cistus ladanifer L. de las cuencas de los ríos Bibei y Casaio (1982) e Catálogo da flora vascular do Concello de Carnota (A Coruña) (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa de Asturias. Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid. Traballou en México no xornal Siglo 21 e en ABC, na axencia EFE, en Bloomberg TV, CNN+ e Televisión Española. Casou con Filipe de Borbón e Grecia, príncipe de Asturias, en 2004. Recibiu o Premio Larra da Asociación de la Prensa de Madrid (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fotoplano que se obtén mediante ortofotogrametría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Afganistán (29.295 km2; 465.000 h [estim 1982]). A súa capital é Tarīn Kowt (3.500 h [estim 1982]).