Ortigueira, Santa Marta de
Ortigueira, Santa Marta de
Igrexa parroquial situada en Ortigueira. Construíuse entre 1776 e 1799, en estilo neoclásico. Ten unha soa planta de cruz latina, cuberta con bóveda de canón. No interior destacan os retablos barrocos de Antonio Domínguez Estivadas (1765), un no altar maior e outro na capela do Rosario. No exterior ten un pórtico de catro arcos desde o que se accede ao templo. Arquitectonicamente forma parte do conxunto do antigo convento dos dominicanos.