"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Relativo ou pertencente ao Oxfordiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de corte de pranchas metálicas mediante unha oxidación local a alta temperatura. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que oxida ou pode oxidar.

    2. Especie que, nunha reacción de oxidación-redución, gaña electróns, é dicir, que se reduce. Entre os compostos que se empregan normalmente como oxidantes, destacan, ademais do osíxeno e do ozono, o peróxido de hidróxeno e diversos peroxiácidos, as solucións ácidas, neutras e básicas de permanganato potásico, trióxido de cromo e dicromato potásico, diversos óxidos metálicos (tetróxido de osmio, dióxido de manganeso, dióxido de selenio), diversos oxoácidos haloxenados e os seus sales (hipoclorito, clorato, ácido periódico), ácidos minerais (ácido sulfúrico, nítrico) e sales das valencias superiores dalgúns metais (cloruro de ferro (III), nitrato de cerio (IV), tetraacetato de chumbo). OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico saturado que consiste nun anel carbonado de tres membros que contén un átomo de osíxeno. Ten unha grande importancia industrial e os compostos que conteñen a súa estrutura básica denomínanse epóxidos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ricard Frank Oznowicz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. Construída en estilo románico (s XII), uniuse á igrexa de San Nicolao de Cis e a comezos do s XIV ambos os dous templos anexionáronse a San Martiño Pinario. Consta dunha soa planta rectangular, rematada nunha ábsida rectangular cuberta por unha bóveda de canón apuntada. O espazo entre a nave e o presbiterio ocúpao un arco triunfal sostido por semicolumnas adosadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e xurista. Fundou a Sociedade de San Vicente de Paúl e as Conferencias de San Vicente de Paúl. En 1833 xuntouse con F. René de Chateaubriand, co conde de Montalembert, con Jean-Baptiste-Henri Lacordaire e outros católicos progresistas. Foi partidario do liberalismo político, polo que sufriu ataques diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte francés. En 1915 creou a revista L’Élan, onde expuxo os principios de purismo en pintura. En 1918 publicou, xunto con Le Corbusier, Aprés le cubisme, manifesto purista, do que desenvolveron as ideas na revista L’Esprit Nouveau (1920-1925). Instalado en Nova York (1938), abriu a Ozefant School of Fine Arts. Autor de Vie (1931-1938, París), publicou Art (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, actor e guionista cinematográfico inglés. Coñecido como Frank Oz, iniciou a súa carreira nos programas O show dos teleñecos e Barrio Sésamo, xunto a Jim Henson. Intérprete do mestre jedi Yoda en The Empire Strikes Back (1980), Return of the Jedi (1983) e The Phantom Menace (1999), da súa filmografía como realizador destacan Little shop of horrors (1986), In & Out (1997), The Score (2001) e Ump (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Coñecido como John Ford, foi o primeiro en achegar valores psicolóxicos ao western. Considerado un dos mellores directores da época dourada de Hollywood e tamén o máis laureado, obtivo o Oscar ao mellor director con The Informer (1935), The Grapes of Wrath (1940), How Green Was My Valley (1941) e The Quiet Man (1952). Tamén destacan os seus filmes My Darling Clementine (1946), Rio Grande (1950), The Man Who Shot Liberty Valance (1962) e Cheyenne Autumn (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. De nome John Casey, estreou as súas primeiras obras no Abbey Theatre, onde se deu a coñecer. Os seus temas favoritos recolleunos de material irlandés ambientado na clase obreira, como en The Shadow of a Gunman (1923), Juno and the Paycock (1924) e The Plough and Stars (1926). Escribiu tamén pezas de carácter antimilitar, como The Silver Tassie (1928) e The Star Turns Red (1940); dramas, como Red Roses for Me (1942); e de tema autobiográfico, como I Knock at the Door (1939) e Drums Under the Windows (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista irlandés. Distinguiuse polas súas ideas nacionalistas, e formou parte da sociedade revolucionaria Irlandeses Unidos, pero non participou na Revolución de 1798. Creou, xunto con Richard Lalor Sheil, a Catholic Association (1823) e, obtida a emancipación dos católicos (Catholic Relief Bill, 1829), ingresou na Cámara dos Comúns. Traballou intensamente pola abolición do decreto de unión de Irlanda a Inglaterra. Foi detido, acusado de conspiración (1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora estadounidense. As súas narracións caracterízanse pola combinación da comedia coas historias de fondo tráxico e brutal, ademais da mestura do gótico co relixioso. Autora de narracións como The Geranium (1946), A Good Man is Hard to Find (1955) ou Everything that Rises Must Converge (1965), son importantes as súas novelas Wise Blood (1952) e The Violent Bear it Away (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, conde de La Bisbal. Xeneral durante a Guerra da Independencia, foi rexente do reino durante a ausencia de Fernando VII e venceu a Schwartz en La Bisbal (1810). Capitán xeneral de Andalucía (1814), preparou unha conspiración liberal xunto co xeneral Lacy, que fracasou. Apoiou o levantamento de R. del Riego de 1810 e durante o Trienio Liberal foi capitán xeneral de Castela a Nova. Tras a chegada dos Cen Mil Fillos de San Luís (1823), exiliouse en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Centrouse nos problemas e oportunidades das rexións da Europa Atlántica, sobre todo nos de Galicia, Portugal e España. Das súas obras destacan Rural Ireland, 1600-1900: Modernization and Change (1996) e Xeografía histórica de Galicia (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista irlandés. Considerado como un dos escritores máis importantes do Renacemento literario irlandés, destacou polas súas versións inglesas das lendas irlandesas. Da súa produción cómpre salientar History of Ireland: Heroic Period (dous volumes, 1878-1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Procedente da Liga Gaélica, foi un dos fundadores do Sinn Féin (1902) e participou na Revolta de Pascua (1916). Deputado republicano (1918), foi speaker da Dáil Éirean (1912-1921), presidente de Éire (1945) e da República de Irlanda (1952-1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi seguidor do surrealismo e caracterizouse polo uso dos xogos de palabras e polos continuos xiros lingüísticos. Da súa obra destacan Tempo de fantasmas (1951), No reino de Dinamarca (1958), Feira cabisbaixa (1965), Uma coisa em forma de assim (1980) e a recompilación Poesias completas 1951-1983 (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Dirixiu a expedición contra New Orleans (1769) ao servizo da monarquía hispánica. Despois do fracaso da expedición de Alxer (1775), foi capitán xeneral de Andalucía (1776) e gobernador de Cádiz ata que foi destituído polo conde de Floridablanca (1787).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador irlandés. Chegou a Galicia coa súa familia en 1602 e foi alumno do seu compatriota Synnot, con quen estudou gramática na Coruña. Foi oficial da Mariña de Guerra e escribiu varias obras sobre a historia da súa patria, das que destacan Historicae Catholicae Ibernae Compendium (1621) e Decas Patritiana (1629).

    VER O DETALLE DO TERMO