O’Donnell Anethan, Enrique José
O’Donnell Anethan, Enrique José
Militar, conde de La Bisbal. Xeneral durante a Guerra da Independencia, foi rexente do reino durante a ausencia de Fernando VII e venceu a Schwartz en La Bisbal (1810). Capitán xeneral de Andalucía (1814), preparou unha conspiración liberal xunto co xeneral Lacy, que fracasou. Apoiou o levantamento de R. del Riego de 1810 e durante o Trienio Liberal foi capitán xeneral de Castela a Nova. Tras a chegada dos Cen Mil Fillos de San Luís (1823), exiliouse en Francia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Donostia -
Deceso
Lugar : Montpellier