Oza, San Pedro de

Oza, San Pedro de

Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. Construída en estilo románico (s XII), uniuse á igrexa de San Nicolao de Cis e a comezos do s XIV ambos os dous templos anexionáronse a San Martiño Pinario. Consta dunha soa planta rectangular, rematada nunha ábsida rectangular cuberta por unha bóveda de canón apuntada. O espazo entre a nave e o presbiterio ocúpao un arco triunfal sostido por semicolumnas adosadas.