"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica irlandesa. Levada a Hollywood polo director F. Borzage en 1930, destacou polo seu papel de Jane nas películas Tarzan, The Ape Man (1932), Tarzan Escapes (1936) e Tarzan’s New York Adventure (1942), entre outras. Tamén traballou en Never Too Late (1965), Hannah and Her Sisters (1986) e Stranded (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. En 1860 comezou a traballar con Alexander Gadner, de quen se independizou para abrir o seu propio estudo en Washington (1862). Xunto con Gadner empregou o colodión para retratar os desastres da Guerra Civil (1861-1865), sobre todo as batallas de Bull Run (1862), Gettysburg (1863) e Appomatox (1865), que apareceron na obra de Gadner Photographic Skechbook of War. A partir de 1867 participou en sucesivas expedicións por Nevada, Denver, Panamá e Novo México, nas que combinou as imaxes de uso científico con outras que pretendían dar a coñecer o oeste de EE UU, os pobos indios ou os interiores das minas, fotografados por vez primeira grazas aos flashes de magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amida bromoacética da anilina que se presenta en forma de cristais solubles en benceno e en alcohol, que se funden a 168°C. Emprégase como analxésico e antipirético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado bromado da anilina. Preparado por bromación directa da anilina, emprégase na obtención de colorantes azo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodato de èódzkie, Polonia (74.270 h [2000]). Situada ao SO de èódź, é un mercado agrícola de patacas e cereais e un núcleo de industria téxtil, química e do papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e crítico da arte. Autor de biografías de pintores e escultores galegos, das que destacan as realizadas para a colección Artistas galegos pintores. Escribiu Plástica Gallega (1981), Pintores gallegos del novecientos (1981), O mar na pintura e na poesía galegas (2002) e La pintura en Galicia (2003). Ademais prologou numerosos catálogos de exposicións e realizou os da Colección Caixanova (1993-1999) e do Museo Municipal Quiñones de León (1995). Colaborou en Atlántico Diario e La Voz de Galicia, traballou tamén na sección de cultura de Faro de Vigo. Foi finalista do Premio Nadal en 1958 coa novela Desbandada. Pertence á Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e recibiu o Premio Nacional de Periodismo Ángel Mª de Pablos (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia de ata 50 m de altura, de tronco groso coa cortiza lisa de cor gris, e de copa ampla e arredondada. As follas son alternas, imparipinnadas, pecioladas, sen estípulas e lixeiramante curvadas cara a atrás. As flores masculinas nacen en inflorescencias cilíndricas colgantes de ata 8 cm, e as femininas en pequenas espigas terminais. O froito é unha noz drupácea con pouca carne e rica en graxas. É unha árbore orixiaria do L de EE UU, que vive ata 300 anos. Aínda que en Galicia é moi escasa, pódese atopar como árbore ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés de orixe polaca. Formouse en París con Paul Abadi e traballou con Louis Jules Bouchot e en 1882 foi aceptado na Societé Centrale des Architectes. En París coñeceu a Bieito Sanjurjo y Ramírez de Arellano, a través do que puido establecer, durante a Exposición Universal de 1889, os primeiros contactos con membros da sociedade viguesa. A súa obra reflicte a corrente ecléctica neomedievalista. As primeiras obras realizadas en Vigo e arredores datan de 1888 aínda que non se instalou na cidade ata 1904. Realizou a ampliación do pazo de Torre Cedeira (1888); o edificio Acuña Soaje (1897), sede do Banco de Galicia; a casa Bárcena (1897), coñecida como o Hotel Moderno; a Escola de Artes e Oficios (1898); a casa Arana (1898); a casa Yáñez (1900); as casas de Oya (1904); a casa Núñez (1904); a casa Silva (1907); o cine Odeón (1916); e outros edificios para Manuel Bárcena Franco, conde de Torre Cedeira, e Bieito Sanjurjo, ademais de panteóns e mausoleos funerarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten o corpo grande.

    2. pachorrento.

    3. ollomol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida alcohólica, de entre 25° e 30°, orixinaria de Nafarroa. Presenta cor rosada e sabor doce, e prodúcese pola maceración de abruños en augardente anisada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte. No seu estudo sevillano iniciáronse Diego Rodríguez de Silva y Velázquez e A. Cano. Influído polo romanticismo manierista de finais do s XVI, na súa obra predominou a liña sobre a cor. En 1618 foi nomeado vedor das pinturas sagradas polo Tribunal da Inquisición. Das súas obras destacan un ciclo sobre a vida de san Pedro Nolasco, San Juan Bautista (1613), Cristo servido por los ángeles en el desierto (1616) e Inmaculada (1625-1626). Publicou El arte de la pintura (1649).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, primeiro duque de Escalona (1472) e marqués de Villena, fillo de Afonso Téllez-Girón e de María Pacheco. Foi valido do Rei Enrique IV de Castela ao que dominou e converteu nun instrumento político para combater a Xoán II de Castela e Álvaro de Luna (1441), aínda que despois loitou a favor destes, feito que lle valeu o marquesado de Villena. En 1451 foi nomeado adiantado maior de Castela. Ao ascender ao trono Enrique IV, que o mantivo no cargo de mordomo maior e o nomeou mariscal de Castela, promoveu loitas entre bandos na corte e despois conspirou contra o rei. Intentou obstaculizar o casamento de Isabel, irmá do rei que el fixera prometer co seu irmán Pedro, co futuro Fernando II de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo marqués de Cerralbo, participou na conquista de Flandres e ao regresar a España foi designado gobernador de Galicia (1587-1591), cargo que ocupou entre 1559 e 1587 o seu pai, Rodrigo Pacheco Osorio , primeiro marqués de Cerralbo. Xogou un papel decisivo na defensa da cidade da Coruña e da illa de Santo Antón en 1589, durante o asedio dos ingleses capitaneados por Francis Drake. Foi tamén gobernador de Flandres. O seu fillo Rodrigo Pacheco Osorio (Ciudad Rodrigo?-Bruxelas 1640) terceiro marqués de Cerralbo, foi gobernador e capitán xeneral de Galicia (1615-1624) e vicerrei de Nueva España (1624-1635).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Foi o autor da crónica das festas que se celebraron en Santiago de Compostela con motivo da canonización de Pío V, Fiestas compostelanas con las que siempre [...] (1715), e en 1718 nomeárono cronista xeral do Reino de Galicia. Escribiu un primeiro tomo dunha Historia de Galicia e o sermón Declamación sacra, historial, gratulatoria a la Virgen Santísima del Rosario [...] (1721?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Representante da facción puritana do Partido Moderado, foi ministro de Estado (1854 e 1864) e presidiu o Consello de Ministros (1847). Colaborou na redacción do código penal de 1848 e defendeu a propiedade eclesiástica en contra da desamortización. Escribiu Estudios de legislación y jurisprudencia (1834), Discurso sobre la dotación del culto y el clero, Historia de las Cortes de 1837 (1839) Estudios de Derecho Penal (1842-1843), El código penal concordado y comentado (1848) e Comentarios a las leyes de desvinculación (1849). Tamén publicou as pezas dramáticas Alfredo (1835) e Los infantes de Lara (1836).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Tivo os seus obradoiros en Santiago de Compostela, herdados do seu pai, Luís de Paz. Comezou a exercer a partir de 1607 coas edicións ilegais das indulxencias de san Toribio, Nosa Señora do Pilar de Zaragoza e outras polas que foi encarcerado. En 1612 imprimiu Relación de las exequias de doña Margarita de Austria, do que se conserva un exemplar na Biblioteca Universitaria de Santiago, e Instrución de Confesores (1616).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e compositor alemán. Foi discípulo de H. Schwemmer e G. Wecker, e en 1690 entrou na Corte de Stuttgart. Actuou en Austria e en Alemaña, ata que rematou como organista da súa cidade natal. As súas obras exerceron unha notable influencia sobre a obra de J. S. Bach. Da súa produción musical para órgano, composta en case todos os xéneros da música profana e relixiosa, e caracterizada por un estilo de escritura contrapuntística de gran pureza e severidade, destacan varias cantatas, fugas e suites, un libro de corais e un Canon en Re M (1680).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Océano situado entre América e Asia, o maior de todos, que iguala en amplitude ao Atlántico, ao Índico e ao Ártico xuntos. Está limitado ao L por América do Norte e América do Sur, ao O por Asia e Australia, e esténdese de N a S desde as rexións árticas ata as antárticas. Nel atópase a maior profundidade mariña, a fosa das Marianas, que ten preto de 11 km. Tamén está a montaña máis alta da Terra, o volcán hawaiano Mauna Kea, que se eleva abruptamente 9.450 m desde o fondo do océano. Está circundado por un arco de fosas oceánicas de gran profundidade. Así, preto de Nova Zelanda está a fosa de Toga-Kermadec, que chega ata o arquipélago de Samoa. Máis ao O está a fosa de Novas Hébridas, a consecuencia das illas do mesmo nome; ao N desta está a fosa Planet ou fosa Nova Bretaña, situada entre as illas Salomón e Nova Guinea. O arco insular e as súas fosas continúan coa fosa do Xapón, a das Kuriles e, finalmente, a das Aleutianas. Na costa O de América do Norte non existen fosas, excepto a pequena...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Debutou en Milán coa ópera Armeta e Lucindo (1813), á que seguiron La schiava in Bagdad (1820), Saffo (1840), Medea (1843), Buondelmonte (1845) e La regina de Cipro (1846). Tamén compuxo a sinfonía Dante (1865) e algúns oratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO