Pacheco, Xoán
Pacheco, Xoán
Impresor. Tivo os seus obradoiros en Santiago de Compostela, herdados do seu pai, Luís de Paz. Comezou a exercer a partir de 1607 coas edicións ilegais das indulxencias de san Toribio, Nosa Señora do Pilar de Zaragoza e outras polas que foi encarcerado. En 1612 imprimiu Relación de las exequias de doña Margarita de Austria, do que se conserva un exemplar na Biblioteca Universitaria de Santiago, e Instrución de Confesores (1616).