"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
GALICIA
Escritor e lexicógrafo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1960), trasladouse á Coruña como pasante no despacho de Sebastián Martínez Risco e posteriormente exerceu como letrado asesor da Caixa de Aforros de Vigo. Académico da RAG e membro do Consello da Editorial Galaxia. Colaborador en distintas publicacións (Aturuxo, Ínsula, La Noche, Vida Gallega, Grial, Nordés, Dorna, Bandarra), pertenceu á Asociación Cultural de Vigo e xunto con Xosé Manuel Beiras traduciu Antígona, de J. Anouilh, e Non haberá guerra en Troia, de Giradoux. Da súa produción destaca Vieiro choído (1957), Entre o si e o non (Premio Nacional de Poesía Rosalía de Castro 1967), Dicionario galego-castelán (1968), Vocabulario galego-castelán (1968), Manuel Leiras Pulpeiro. Obra completa (1970), Os anos escuros. I. A resistencia cultural da xeración da noite...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Foi profesor de química en Manchester e Londres. Estudiou a sintetización de diversos hidrocarburos e compostos organometálicos e determinou que o átomo dun elemento só se pode combinar cun número específico de átomos doutro elemento, o que se coñece como teoría da valencia. Identificou, xunto con J. N. Lockyer, o helio como elemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Creou a Gastón Lagaffe e retomou as aventuras de Spirou e Fantasio. Os seus debuxos encaixan co estilo característico da escola belga.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Australia, no Océano Pacífico, diante da costa sudoriental do estado de Queensland.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Escribiu baladas románticas (Gedichte, 1838) e logo orientouse cara á poesía de carácter político (Mein Glaubensbekenntnis, 1844; Neuere politische und soziale Gedichte, 1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Señor de Pontedeume, fillo de Roi Freire de Andrade. Nomeado en 1371 gobernador da Coruña, trasladouse a Portugal tralo recoñecemento de Enrique II de Trastamara como rei de Castela. En Portugal recibiu o título de mestre da Ordem de Cristo e Pedro I de Portugal encargoulle a educación do seu fillo Xoán. Coa sinatura do Tratado de Santarém entre Fernando I de Portugal e Enrique II, foi entregado ao monarca castelán como garantía do cumprimento do pacto. En Portugal iniciou unha nova rama na liñaxe dos Andrade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señor de Pontedeume, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Caracterizouse pola tiranía e despotismo no exercicio do poder, o que o enfrontou en 1411 ao cóengo compostelán Xoán López de Vilouzás e aos monxes do mosteiro de Sobrado e que en 1431 provocaron o inicio da Primeira Guerra Irmandiña nos seus territorios. A revolta dos seus vasalos adquiriu tal magnitude que só puido ser controlada grazas á intervención da coroa, coa que tiña boas relacións tras aloxar nas súas terras o infante Enrique de Aragón (1428) e acompañar a Xoán II na guerra contra Aragón (1429). Todas estas accións valéronlle o sobrenome do Mao. Trala súa morte, foi soterrado na capela maior da igrexa do mosteiro do Monfero, ao que beneficiara en numerosas ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización político-militar creada en Nicaragua en 1961 coa finalidade de derrocar o réxime de A. Somoza. Intégrase dentro do movemento do sandinismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guiso de carne ou peixe, con prebe de cebola, tomate, herbas aromáticas e cogomelos, propio da cociña francesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pravdinsk.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Publicou os seus primeiros traballos en Esquire, Art in America, McCall’s, Seventeen e Sport Illustrated. Conseguiu dúas bolsas da Fundación Guggenheim en 1960 e 1962 para retratar os cambios na sociedade americana, que recolleu no seu libro Self-Portrait (1970). Expuxo na George Eastman House de Rochester (1963) e no MOMA de Nova York (1967 e 1972). Ademais, publicou Work from the Same House (1969), American Monument (1976) e Flowers and Trees (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico e historiador da arte. Destacou polos estudios sobre pintura neerlandesa dos ss XV, XVI e XVII e pola súa achega metodolóxica. Entre as súas obras destacan Die frühen niederländischen Maler von Van Eyck bis Bruegel (Os pintores primitivos flamengos de Van Eyck a Brueghel, 1921) e Die altniederländische Malerei (A pintura antiga neerlandesa, 1924-1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo coñecido co pseudónimo de Robert Capa. Estudiou ciencias políticas, socioloxía e xornalismo en Berlín. En 1932 comezou a traballar no laboratorio fotográfico da axencia Dephot. En 1933 instalouse en París, fuxindo dos nazis, e coñeceu os que posteriormente cofundaron a axencia Magnum. Dende 1936, como fotógrafo independente, especializouse na elaboración de documentais sobre movementos políticos e guerras; a súa primeira reportaxe realizouna durante a Guerra Civil española no bando republicano, onde obtivo a súa fotografía máis coñecida, Miliciano ferido de morte (1936). Durante a Segunda Guerra Mundial traballou como correspondente para as revistas Life e Collier’s. Nas súas imaxes tentaba transmitir o sufrimento dos pobos durante as guerras, onde se amosaba contrario a estas, ás inxustizas e á represión dos inocentes. En 1947 fundou a axencia Magnum xunto con Cartier-Bresson, David Saymour e George Rodger. Documentou tamén os enfrontamentos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Foi profesor na Universidade de Berlín. Investigou nas ramas máis elevadas da álxebra, en conexión coa teoría das funcións e dos grupos. Os numerosos teoremas que levan o seu nome representan un enriquecemento da álxebra clásica e constitúen un dos puntos de partida da álxebra moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Coñecido como o Vello, traballou en Salzburgo (1478-1497) e en Passau, onde pintou os retablos sobre a Vida de María (1490) e a Paixón (1492). O seu fillo Rueland Fruesauf (1470?-1545?), coñecido como o Novo, traballou en Passau, lugar onde realizou pintura relixiosa caracterizada polo detalle preciosista da paisaxe dos fondos. Entre outras obras destaca o retablo de san Leopoldo na abadía de Klosterneuburg (1507).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Colaborou, entre outros medios de comunicación, no xornal La Noche e en Radio Vigo. En 1953 incorporouse ao Faro de Vigo, onde asinaba as páxinas dominicais “Crónicas de lo insólito” e “Reportaje a la historia”. Ademais, publicou o libro de poemas Íntimo latido (1960) e os ensaios La bella Otero (1959) e Mujeres célebres (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no val do Guadalquivir, entre Carmona e Écija (7.470 h [1996]. Centro agrícola de La Campiña, con industrias alimentarias. De orixes prehistóricas, recibiu durante a ocupación romana o nome de Obulcula. Conquistada polos cristiáns en 1248, o seu señorío foi entregado á orde de Alcántara. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o xacemento de Fuente de la Reina e os restos do castelo de Fuentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou para os papas Clemente XII e Bonifacio XIV. Entre as súas obras romanas destacan o Palazzo della Consulta, a fachada de Santa Maria Maggiore e a tumba de Inocencio III. En 1751 estableceuse en Nápoles, onde foi arquitecto real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, escritor e arquiveiro. De orixe galega, colaborou na Crónica General de España (1865-1867), Revista de España e La Ilustración Gallega y Asturiana. Entre as súas obras destacan o libreto da zarzuela Pedro Madruga, Alfonso. Recuerdos de Galicia (1895), El castillo del marqués de Mos de Sotomayor. Estudio histórico sobre el feudalismo en Galicia (1870-1871) e Últimas relaciones de España con la República de Chile (1871-1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Pontevedra a partir de abril de 1993. Exerceu como voceiro informativo da devandita entidade e contaba co apoio da Consellería de Cultura. No seu consello editorial figuraban Guillermo Campos, Xosé Mª García, Ramón Latas e Xosé Castro, quen se encargaba da coordinación e deseño. Ademais de datos culturais, centraba os seus artigos en aspectos biográficos do político ourensán.