Franco Grande, Xosé Luís

Franco Grande, Xosé Luís

Escritor e lexicógrafo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1960), trasladouse á Coruña como pasante no despacho de Sebastián Martínez Risco e posteriormente exerceu como letrado asesor da Caixa de Aforros de Vigo. Académico da RAG e membro do Consello da Editorial Galaxia. Colaborador en distintas publicacións (Aturuxo, Ínsula, La Noche, Vida Gallega, Grial, Nordés, Dorna, Bandarra), pertenceu á Asociación Cultural de Vigo e xunto con Xosé Manuel Beiras traduciu Antígona, de J. Anouilh, e Non haberá guerra en Troia, de Giradoux. Da súa produción destaca Vieiro choído (1957), Entre o si e o non (Premio Nacional de Poesía Rosalía de Castro 1967), Dicionario galego-castelán (1968), Vocabulario galego-castelán (1968), Manuel Leiras Pulpeiro. Obra completa (1970), Os anos escuros. I. A resistencia cultural da xeración da noite (1954-1960) (1985), O tempo á espreita, poemario que apareceu xunto á reedición de Entre o si e o non en Herdo de memoria e tempo (1987), A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Baixeras (1991) e Francisco Fernández del Riego (2000).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tebra, Tomiño