"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe mitolóxico feminino que aparece representado a miúdo na literatura grega clásica. Muller de Héctor, defensor de Troia, tivo un fillo deste, Astíanax. Na Ilíada está representada como unha tenra personificación da nai e muller. En Os troianos é liberada como escrava do fillo de Aquiles. Na traxedia Andrómaca, de Eurípides, Hermíone tenta matala, así como ao seu propio home. Racine inspirouse nela para escribir unha traxedia do mesmo nome (1667), pero que varía o esquema de Eurípides.
-
PERSOEIRO
Médico principal do Emperador Nerón. Está considerado o inventor da triaga, antídoto contra toda clase de velenos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ninfomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroína da mitoloxía grega. Filla de Cefeo e de Casiopea, que a xulgou máis bela ca as nereidas. Por orde de Poseidón, enfadado, foi abandonada sobre unha rocha para que a devorase un monstro mariño. Perseo salvouna e casou con ela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal situada ao N de Pegaso. As súas estrelas máis importantes son Alferatz [α], Mirach [β] e Almak [γ]. Contén a galaxia de Andrómeda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das galaxias máis próxima á nosa. Situada na constelación de Andrómeda, é visible sen telescopio e ocupa unha zona duns 80 por 250 minutos de arco. Foi estudada no s X polo astrónomo árabe al-Sūfī. Simon Marius observouna a través do telescopio en 1612 e Messier clasificouna (M31). Tamén se coñece polas siglas NGC 244. Andrómeda atópase a unha distancia de 2,18 millóns de anos luz, ten un diámetro de 163.000 anos luz e contén ao redor de 200.000 millóns de estrelas, cunha masa total de 3x1011 masas solares, aproximadamente dúas veces a masa da Vía Láctea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enxame de meteoros que se produce durante o mes de novembro e que se asocia ao cometa Biela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O que se discorre para enganar ou despistar a alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado en Compostela en 1979 por Eduardo Alonso e Luma Gómez. Realizarían un único espectáculo, Lenta Raigame (1979), a partir dun texto de Francisco Taxes, con dirección do propio Eduardo Alonso, para despois participar, con Troula e Antroido, na proposta cooperativa Teatro do Estaribel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia nunha mesma planta de flores hermafroditas e de flores masculinas.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego peripatético (documentado ao redor do ano 70 a C). Conservou o Corpus Aristotélico levado a Roma por Sula como botín de guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1183-1185), derradeiro da dinastía Comneno. Impulsou ao pobo de Constantinopla á matanza e ao saqueo das posesións dos latinos (1182). Entrou triunfalmente na capital, sentenciou a morte a María de Antioquía e proclamouse Emperador xunto a Aleixo II, a quen asasinou pouco despois. Rematou casando coa súa muller Agnes (ou Ana) de Francia (1183). Realizou unha notable obra de reconstrución interna e implantou un réxime de terror. Foi deposto e morto por Isaac II Ánxelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Nicea 1258 - Constantinopla 1332) Emperador de Bizancio (1282-1328). Fillo de Miguel VIII. Asociado ao imperio polo seu pai, tomou ao seu servizo a Compañía Catalana de Roger de Flor contra os turcos ( almogáver). Anexionou a rexión de Valaquia (1318) e protexeu a colonia xenovesa contra Venecia. Desfixo a unión con Roma (Lión 1274) e depuxo ao seu partidario, o Patriarca de Constantinopla Xoán XI. Despois da guerra civil que mantivo co seu neto Andrónico III, foi vencido e deposto (1328).
-
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1328-1341). Fillo de Miguel IX, morto no 1320. Deposto do seu dereito á sucesión pola morte do seu irmán Miguel, orixinouse unha guerra civil (1321) que rematou coa abdicación do seu avó Andrónico II (1328). Entregou o goberno a Xoán VI Cantacuceno. Durante o seu reinado proseguiu o avance dos turcos e serbios, pero logrou restablecer a autoridade bizantina sobre Quíos e Lesbos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1376-1379). Destituíu ao seu pai Xoán V e gobernou ata que este recuperou o trono (1379).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta latino. Foi levado cativo a Roma, e máis tarde foi liberado polo seu amo. Deu a coñecer as obras clásicas gregas, adaptándoas e imitándoas e mesmo traduciu a Odisea. Durante a Segunda Guerra Púnica foille encargado un himno, polo cal está considerado como o iniciador da lírica latina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á andrónovo.
-
Cultura prehistórica da Idade de Bronce de Siberia Occidental que toma o seu nome da poboación de Andrónovo e que se estendeu cara ao O dos Urales entre o segundo milenio e os primeiros séculos do primeiro milenio a C.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cesamento da función sexual no home. Prodúcese entre límites de idades moi variables. Pode vir acompañada de trastornos psíquicos como ansiedade, hipocondria, irritabilidade, falta de atención ou de memoria e tristeza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pétalo orixinado por regresión dun estame.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que tomou a cidade de Rybinsk entre 1984 e 1988.