"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Antropónimo feminino que deriva do nome grego ε ἰ ρ ή νη ‘paz’, adaptado ao latín da época imperial como Irene, co mesmo significado; con todo, entre os cristiáns reinterpretouse co sentido de ‘paz cristiá’, ‘paz entre os homes na terra e entre os xustos no ceo’. Presenta as variantes Erea, Iría, Irena. Levaron este nome varias emperatrices do Imperio Romano de Oriente, e tamén a mártir santa Irea de Salónica (ss II-III); santa Irea de Roma            (s III), viúva romana celebrada o 18 de setembro (Roma); e santa Iria de Santarém, freira do s VII celebrada o 20 de outubro. Na tradición oral recóllense ditos como: “Día de santa Erea, floriñas na amendoeira”, “Por santa Erea pega o sol nas leiras”, “Por santa Erea colle os bois e semea”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz bizantina (792-802). Casada con León IV, converteuse á súa morte na rexente do seu fillo Constantino VI (780-790). Derrocada polo seu fillo (790), intrigou contra este e fíxose co poder ata que foi deposta por un complot (802). Contraria aos iconoclastas, convocou o Concilio II de Nicea (787) a favor do culto ás imaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Violante de Montferrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santa (s II - III) Mártir. Foi martirizada no 304, a consecuencia de gardar as Sagradas Escrituras así como diversos pergameos cristiáns na casa dos seus pais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten existencia verdadeira e efectiva.

    2. subxuntivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de irreal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de realismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode realizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se realizou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposible de frear ou de reprimir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada por Eduardo Puceiro en 1979 en Vilagarcía de Arousa. Dos seus espectáculos destacan As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1980), a partir do texto de Carlos Casares; Historia do Zoo (1981), de Edward Albee; Amantes (1982), de Brian Friel e Eclipse Total (1984), de Christopher Hampton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Traballou no Instituto de Xordomudos de París e escribiu o primeiro tratado importante de otoloxía Traité des maladies de l’oreille et de l’audition (1821). As súas investigacións no campo da educación constituíron o punto de partida da pedagoxía científica de M. Montessori. Está considerado un dos fundadores da endocrinoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico francés, fillo de Maurice Jarre. Debutou en 1977 co disco Oxygene, que o converteu no pioneiro da música electrónica e do new age. Da súa discografía destaca tamén Magnetic Fields (1981), Chronologie (1993), Odyssey Through 02 (1998) e Metamorphoses (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e intelectual francés. Participou na formación do partido socialista francés (1901), polo que foi deputado desde 1902 ata a súa morte. Fundador do diario L’Humanité (1904), defendeu a unión dos diferentes grupos socialistas franceses nun só partido. Das súas obras destacan Histoire Socialiste (1789-1900) (1895), en doce volumes, e L’Armeé Nouvelle (1911), na que avogou pola creación dun exército popular. Foi asasinado ao iniciarse a Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresa fundada por Jesús Alonso Fernández en 1958, na actualidade, Jealsa Rianxeira está integrada por máis de 20 sociedades que operan agrupadas en tres divisións: Conservas de peixe e marisco, Pesca e auxiliares e Medioambiente e enerxía. O grupo creado por Jesús Alonso, figura en quinto lugar no ranking industrial galego, dá emprego a máis de 3.000 traballadores, a meirande parte mulleres; factura preto de 400 millóns de euros anuais e conta con factorías en Europa, América e África. Cumprida a idade de xubilación, Jesús Alonso decidiu servir ao seu concello, do que foi alcalde desde 1995 ata 2003.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean de Bruxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido tamén como Jean de Bandol ou Bandolf, e Jean Hannequin, traballou para Carlos V de Francia (1368). Atribúenselle os cartóns para tapices do Apocalypse d’Angers (1376-1400).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor francés. Director das obras de Notre-Dame de París, fixo as fachadas do cruceiro e as capelas laterais da nave. No eido da escultura fixo a Histoire de Théophile (1250) na portada N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean de Bruxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina, cantante e actriz. Coñecida como Zizi Jeanmaire, en 1939 debutou no ballet da Ópera de París. Actuou nunha ducia de filmes e gravou discos con outros cantantes franceses. Co seu marido, Roland Petit, dirixiu o Casino de París (1969-1972), e posteriormente colaborou no ballet de Marsella, que dirixiu ela mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO