Jaurès, Jean
Jaurès, Jean
Político e intelectual francés. Participou na formación do partido socialista francés (1901), polo que foi deputado desde 1902 ata a súa morte. Fundador do diario L’Humanité (1904), defendeu a unión dos diferentes grupos socialistas franceses nun só partido. Das súas obras destacan Histoire Socialiste (1789-1900) (1895), en doce volumes, e L’Armeé Nouvelle (1911), na que avogou pola creación dun exército popular. Foi asasinado ao iniciarse a Primeira Guerra Mundial.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Castres -
Deceso
Lugar : París