"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
PERSOEIRO
Inventor. De ideas republicanas, foi redactor de El Republicano, e interveu nas revoltas de Barcelona de 1842 e 1843. Editou as revistas La madre de familia (1846), La Fraternidad (1847-1848) e El Padre de Familia (1849-1850). Desenvolveu un procedemento para a fabricación de papel engomado, un tranvía funicular e un velógrafo, pero destacou sobre todo como un dos precursores da navegación submarina. Ensaiou un proxecto de construción dunha nave submarina Ictinéo (1859 e 1864), pero a falta de recursos económicos impedíronlle perfeccionalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao relevo en que a estrutura é a base das formas actuais. Diferéncianse diversos tipos de relevo estrutural como o aclínico, o monoclinal, o dobrado, o fallado e o apalachense, onde prima o criterio da tectónica; e o volcánico, o granítico e o cárstico, onde prima o criterio litolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival de Teatro organizado pola Agrupación Cultural Xiria en Cangas do Morrazo desde 1984. Contou na súa dirección coa colaboración de Henrique Harguindey, Xosé Manuel Pazos, Casilda García e María Xosé Mariño. Desde o primeiro momento, os organizadores prestaron especial atención a espectáculos do exterior que dificilmente se podían ver en Galicia, e así pasaron pola Mostra compañías e intérpretes como Teatro de la Danza, Cambaleo, Trapu Zaharra, Teloncillo, A Barraca, Ángel Paulovski, Colombaioni ou Geroa, ademais de colectivos galegos. Tamén se organizaron debates, cursos e outras actividades como exposicións, conferencias e presentacións de revistas e libros, xunto coa organización en 1997, 1998 e 1999, das tres edicións dos Encontros de Reflexión do Teatro de Galicia e o Norte de Portugal (Teatragal).
-
GALICIA
Relixioso agostiño. Dedicouse ao ensino e á literatura. Nos seus escritos empregou en ocasións o pseudónimo de marqués de Sabuz. Escribiu numerosos artigos, como “El año terrible de los patrones colombianos” ou “Lo que debe ser la predicación del evangelio: La verdadera patria de Cristóbal Colón según el Sr. Paramos”, algúns recollidos na obra La literatura medieval en Galicia (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao televisor capaz de recibir imaxes de diferentes características, como son o número de liñas, a banda, a modulación ou a sincronización.
-
PERSOEIRO
Pintor barroco. Está considerado un dos máis destacados representantes de pintura relixiosa española. Orfo desde os nove anos, iniciou a súa formación cun parente da súa nai, Juan del Castillo. A pegada do seu mestre deixouse sentir especialmente na primeira etapa da súa pintura, caracterizada polo naturalismo (Virgen del Rosario con Santo Domingo, para o pazo arcebispal de Sevilla), pero tamén recibiu influencias de Roelas, Francisco de Herrera el Viejo e de Zurbarán, que se manifestaron no emprego do claroscuro e no modelado das figuras, aínda con certa rixidez (San Diego dando de comer a los pobres, 1646). O seu interese polos tipos populares exemplificouse nas series de galegas (Vieja hilando ou Gallegos en la ventana) e nos cadros de nenos (Niños comiendo melón y uvas (1650) ou Muchachos expulgándose), en que representaba rapaces humildes inmersos nunhas escenas cheas de ledicia e xovialidade, en que comezou a empregar contornos flexibles e volumes brandos. En 1656 pintou Visión de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado na casa de turismo rural A Rectoral de Artes (Ribeira). Naceu pola iniciativa do seu propietario Javier Expósito para mostrar a súa colección particular. Mostra gravados de autores desde o s XV ata a actualidade. Xestionado pola Fundación do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes, entre os seus obxectivos atópase o de actuar como centro de promoción das técnicas dixitais aplicadas á estampa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo municipal da Estrada fundado por Manuel Reimóndez Portela. Centra as súas actividades na custodia, exposición e estudo dos restos históricos, artísticos e etnográficos que proceden do concello da Estrada, entre outros os procedentes do vello laboratorio municipal. Dedica unha sección etnográfica aos oficios e incluso expón unha aula de clase tradicional. Entre as súas iniciativas destaca a elaboración dun arquivo fotográfico relacionado coa historia do concello cunha especial atención á emigración. Edita o anuario Miscelánea histórica e cultural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal situado en Santillana del Mar (Cantabria). A súa primeira apertura tivo lugar en 1979, co obxecto de coordinar os estudos da Dirección General de Patrimonio Artístico. En 2001 construíuse unha nova instalación e reabriuse. A súa creación respondeu ao interese pola conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira e da Prehistoria en xeral. Articúlase en dúas grandes áreas: a reconstrución en tamaño orixinal da Cueva de Altamira, e varias salas de exposicións cos restos atopados no interior da cova e en que se recrean os tempos de Altamira.
-
PERSOEIRO
Compositor ruso. En 1857 estableceu relación con Balakirev, K’ui e Stassov. Escribiu unha primeira ópera, Salammbô (1863), e despois obras instrumentais e o poema sinfónico Unha noite na montaña pelada (1867), 62 cancións, e as óperas Boris Godunov (1868), Hovaňšcina (1871-1881) e A feira de Soročinsk (1874-1881). O principal elemento destas óperas é o recitativo melódico, dunha gran forza expresiva, que traduce fielmente as inflexións da lingua rusa. En Cadros dunha exposición (1874), serie de miniaturas para piano que Ravel orquestrou en 1922, Musorgskij preséntase como un precursor do impresionismo musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e polígrafo. En 1761 foi a Santa Fe como médico do vicerrei. Dirixiu a famosa Expedición Botánica, base da monumental Flora de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar situado na zona ártica de Canadá, entre a illa do Príncipe Patrick e a de Melville, ao N, e a de Banks ao S.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de poemas de Ramón Cabanillas que apareceu en 1926 co subtítulo de “Sagas de R. Cabanillas. Dibuxos de Castelao”, editado por Lar. Está composto por tres sagas tituladas “A espada Escalibor” e “O cabaleiro do Sant Grial”, que xa se publicaran anteriormente por separado en varias publicacións da época, e “O sono do Rei Artur”. A través da súa poesía narrativa trata da lendaria corte artúrica e da busca do Santo Graal, polo que se encadra na tradición da orixe céltica do pobo galego e da súa dignificación a través do mito. Nos poemas, ademais das referencias á materia de Bretaña, é constante a presenza de elementos pondalianos e ossiánicos, algúns deles relacionados coa relixión dos druídas e outros ligados á cultura celta, na procura dun sincretismo entre os mundos celta, artúrico e galego. No relativo ás súas características, trátase duns versos provistos dun léxico, dunha fraseoloxía e dun gran número de adxectivos, propios da escola modernista. Ademais, cómpre salientar o emprego...
-
PERSOEIRO
Filósofo. Trasladouse a EE UU en 1911 e naturalizouse estadounidense. Achegou á filosofía da ciencia o estudo da explicación científica e dos problemas da redución de unha a outra teoría. Escribiu Logic without Metaphysics (1956) e The Struture of Science (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e gravador. Coñecido como Leboeuf e discípulo de Ingres, destacou como litógrafo e como ilustrador de obras de escritores románticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución financeira británica constituída en 1968 pola fusión do National Provincial Bank (1883) e o Westminster Bank (1843), ambos os dous bancos resultado doutros procesos de concentración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba biolóxica para o diagnóstico da sífilis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido fundado por Habib ibn Alí Bourguiba en 1934 froito da división e reorganización do Destour. Encabezou a loita contra os franceses. Recibiu a axuda dos grupos de esquerda franceses e entrou en contacto cos nacionalistas de Marrocos e Arxelia. Foi ilegalizado en 1938 e, tras a proclamación da independencia (1956), loitou en favor da república. En 1964 transformouse no Parti Socialiste Destourien (PSD), único partido legal ata 1981.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Novo Testamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma contracta que agrupa a preposición en + o demostrativo este(s), esta(s).