"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sufrir unha obstrución na gorxa debido a algo que se bebeu ou que se comeu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Raíz da torgueira.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Lima, reuniu numerosos sínodos para promover a vida relixiosa no vicerreinado e defendeu os dereitos da Igrexa. Iconograficamente represéntase con capa, mitra e palio (arcebispo) e cun indio aos pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Astorga, combateu a idolatría e o priscilianismo. A finais do s IX trasladouse ao mosteiro cántabro de San Martiño de Turieno, que modificou o seu nome polo de Toribio de Liébana. Iconograficamente represéntase con pontifical (por ser bispo) e cunhas ascuas acesas como atributo persoal, como recordo de que as levou no roquete sen se queimar para librarse dunha acusación de crime; nalgunhas estampas aparece pisando herexes e priscilianistas. A súa festividade celébrase o 16 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Cáceres, Extremadura (1.609 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría lanar e no cultivo de cereais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta austríaco. Publicou a maior parte da súa obra, de carácter expresionista, na revista Der Brenner. Destaca Sebastian in Traum (Sebastián no soño, 1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu ata 1945 o concello de Guitiriz.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Discípulo de Hegel, reaccionou contra o idealismo e contra o método dialéctico defendido por aquel. Inspirándose na idea aristotélica da finalidade cósmica, elaborou un sistema propio, que expuxo en Logische Untersuchungen (Investigacións lóxicas, 1840), segundo o que, tanto o mundo como a sociedade son organismos e funcionan como tales. Moitos dos seus traballos foron recollidos en Historische Beiträge zur Philosophie (Contribución histórica á filosofía, 1847-1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra hidráulica máis importante do mundo situada sobre o río Iang-Tsé que abrangue desde Chongging ata Hubei, China. A construción do proxecto comezou en 1993, e supuxo un grande investimento para a obtención dunha capacidade combinada de 18,2 millones de kW. A presa das Tres Gargantas obrigou a máis de 1.130.000 persoas a abandonar as súas casas, o que se converte no reasentamento máis grande da historia producido pola construción dunha presa.
-
PERSOEIRO
Economista e político. Licenciado en Ciencias Económicas e doutor en Dereito, fundou Esquerra Democrática de Catalunya (1974), que se fusionou con Convergència Democràtica de Catalunya. Foi conselleiro de Economía e Finanzas da Generalitat de Catalunya (1980-1982), deputado (1977-1986) e senador (1986-1988). Escribiu, entre outras obras, La balanza de pagos interior (1960), Entre el capitalismo y el comunismo, un tercer camino? (1963), El sistema financiero español (1970) e Nacionalisme i llibertat (1979)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comuna de Liechtenstein (29,7 km2; 2.556 h [estim 2001]).
-
PERSOEIRO
Escritor. Protexido polos papas León X e Clemente XII, erixiuse en árbitro de todas as cuestións literarias, e na súa Arte Poetica (1529-1562) estableceu con modelos aristotélicos unha ríxida normativa, que aplicou a toda a súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etnólogo e lingüista. Profesor na Universidade de Moscova (1915) e de Viena (1922), participou activamente nas tarefas do Círculo Lingüístico de Praga, onde se converteu nunha das figuras vangardistas da fonoloxía. En colaboración con Jakobson e Karcevski, redactou as teses, básicas para a fonoloxía, presentadas no Primeiro Congreso de Lingüistas da Haia (1928). Especialista en linguas eslavas, ugrofinesas e caucásicas, publicou Descrición fonolóxica da lingua rusa (1934) e Grudzüge der Phonologie (Principios da fonoloxía), publicado postumamente en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kazakhstán (111.800 km2; 313.000 h [estim 1993]). A súa capital é Arkalik (45.700 h [1999]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión de Asia central, situada en Kazakhstán. Constitúe o límite N da depresión de Turan. Está regada polo Turgaj e polo ‘Ul’kajak.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de imaxe e promoción turística de Galicia. Empresa cun capital maioritariamente público dependente da Xunta de Galicia, ten como obxectivo a promoción turística de Galicia.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Comezou na tradición posrromántica, pero consolidouse como escritor dentro dunha liña realista. O relato “Khor e Kalinyč”, o primeiro da serie Zapiski okhotnika (Apuntamentos dun cazador, 1852) iniciou un tipo de literatura sobre as condicións de vida do pobo ruso e o seu carácter nacional. Cultivou tamén o teatro, pero sobresaíu especialmente na novela e no relato. Destacan Dnevnik lišnego (Diario dun home superfluo, 1850), Mumu (1854), Rudin (1856), Dvor’anskoje gnedo (Niñada de xentilhomes, 1860), Nakanune (A vixilia, 1862), Otcy i deti (Pais e fillos, 1862), Dym (O fume, 1867) e Nov’ (Terra virxe, 1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista, barón de Aulne. Recibiu a influencia dos fisiócratas e foi funcionario da administración francesa durante os reinados de Luís XV e Luís XVI. Foi ministro da Mariña, inspector xeral de finanzas e comercio e comisario de obras públicas (1774-1776). Estableceu a liberdade de comercio interior dos cereais, mellorou a situación da facenda e as finanzas do estado e suprimiu os gremios. Escribiu Réflexions sur la formation et la distribution des richesses (1766), o primeiro tratado sobre o valor e a distribución.
VER O DETALLE DO TERMO