Turgenev, Ivan Sergejevič

Turgenev, Ivan Sergejevič

Escritor ruso. Comezou na tradición posrromántica, pero consolidouse como escritor dentro dunha liña realista. O relato “Khor e Kalinyč”, o primeiro da serie Zapiski okhotnika (Apuntamentos dun cazador, 1852) iniciou un tipo de literatura sobre as condicións de vida do pobo ruso e o seu carácter nacional. Cultivou tamén o teatro, pero sobresaíu especialmente na novela e no relato. Destacan Dnevnik lišnego (Diario dun home superfluo, 1850), Mumu (1854), Rudin (1856), Dvor’anskoje gnedo (Niñada de xentilhomes, 1860), Nakanune (A vixilia, 1862), Otcy i deti (Pais e fillos, 1862), Dym (O fume, 1867) e Nov’ (Terra virxe, 1876).

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Bougival, Île

  • Nacemento

    Lugar : Or’ol

  • Deceso

    Lugar : France