Turgot, Anne-Robert-Jacques

Turgot, Anne-Robert-Jacques

Economista, barón de Aulne. Recibiu a influencia dos fisiócratas e foi funcionario da administración francesa durante os reinados de Luís XV e Luís XVI. Foi ministro da Mariña, inspector xeral de finanzas e comercio e comisario de obras públicas (1774-1776). Estableceu a liberdade de comercio interior dos cereais, mellorou a situación da facenda e as finanzas do estado e suprimiu os gremios. Escribiu Réflexions sur la formation et la distribution des richesses (1766), o primeiro tratado sobre o valor e a distribución.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso