"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Xeólogo e paleontólogo francés. Foi o primeiro director do Instituto de Paléontologie Humaine de París. Dirixiu a revista L’Anthropologie. Publicou Essai de paléontologie stratigraphique de l’homme (Ensaio de Paleontoloxía estratigráfica do home, 1888) e Les hommes fossiles (Os homes fósiles, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (14.395 km5; 162.000 h [est 1994]). A súa capital é Boulemane (16. 717 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, teórico musical e director de orquestra francés. Cursou estudios de composición con Messiaen e Leibowitz. Vangardista nas súas teorías musicais, aplicou o sistema serial non só á melodía e ao contrapunto, senón tamén á estrutura rítmica. Dirixiu en varias ocasións ópera no Festival de Bayreuth, foi director titular da Orquestra Sinfónica da BBC (1971-1974) e da Filharmónica de Nova York (1971-1978). Impartiu clases en Darmstadt (1955-1967), na Academia de Música de Basilea e dende 1973 foi director do Institut de Recherches et de Coordination Acoustique/Musique de París. Compuxo as pezas tituladas Le marteau sans maître (1954), Strutures (1952), Notations (1980), Répons (1981), entre outras e estreou en París a versión completa de Lulu, de Berg (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Burkina Faso (9. 033 km2; 465.845 h [est 1991]). A súa capital é Tenkodogo (22.889 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno vulto que sae na pel especialmente por efecto do sarampelo ou da picadura dalgún insecto.

    2. ulto de pequeno tamaño que lles sae ás plantas e que logo pasa a converterse nunha nova póla, folla ou flor.

    3. Parte avultada do talo das plantas que coincide co lugar onde se insería unha folla ou unha póla que, como no caso das canas, dá unha aparencia dun talo articulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de moble que fabricou a familia francesa de ebanistas Boulle entre os ss XVII e XVIII e que se caracterizaba por ter incrustacións en negro, vermello e ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ebanista. Traballou para a corte. A súa obra caracterízase polas marqueterías de cobre, de carei ou de estaño, e tamén polos ornamentos de bronce puído e dourado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e enxeñeiro. Traballou en Asia (1936 - 1944). Coñecido como novelista de ambientes exóticos: Le pont de la rivière Kwaï (A ponte sobre o río Kwaï, 1952) e Les oreilles de la jungle (Os oídos da selva, 1972). Outras obras son: Contes de l’absurde (Contos do absurdo, 1953), E=mc2 (1957), La planète des singes (O planeta dos simios, 1963), Les vertus de l’enfer (As virtudes do inferno, 1974), Les coulisses du ciel (As fendas do ceo, 1979) e L’ènergie du dèsespoir (A enerxía da desesperación, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Moi cotizado, nun principio, entre a aristocracia, converteuse arredor de 1780 nun visionario megalómano, republicano e idealista. Defendeu unha arquitectura irracionalista e fantástica, precursora dun romanticismo arquitectónico que non acadou a orixinalidade dos seus proxectos. Entre estes salienta o monumento esférico a Newton (1784?). Atribúeselle un pavillón en forma de columna truncada no deserto de Retz, en Chambourcy. Os seus proxectos atópanse na Biblioteca Nacional de París. O gran monumento cónico da Batalla de Waterloo (Bélxica), realizado despois da súa morte, presenta analoxías cun proxecto seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de maceira que produce unhas mazás de sabor ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente da Pobra de Trives. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Boullo e Boullos. As súas armas levan, en campo de azul, un boulleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Navia pola esquerda. Nace na parroquia de Quinta (concello das Nogais), da confluencia de varios regos que drenan a serra do Rañadoiro. O seu curso adopta unha dirección SO-NL coa que drena as parroquias de Quinta e Viladicente, ata a súa desembocadura, logo dun percorrido duns 2,5 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Brión baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Publicou: Contribución ao estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986) e doutorouse coa tese Contribución ao estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993). Ten participado en volumes colectivos como Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992), Guía bibliográfica da lingüística galega (1996), Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998), entre outros moitos. Ademais participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). Colaboradora nas revistas Verba e Cadernos da Lingua...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. Este topónimo, que semella ser un derivado formado a partir do latín bulla ‘burbulla’, fai referencia a terreos nos que nacen mananciais a cachón. A mesma orixe ten o apelido Boullón, tamén de orixe toponímica.

    2. Liñaxe que leva como armas: en campo de sinople, tres castañas de ouro, ben ordenadas; bordo de ouro con dúas espadas de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre localizado na Cerrada de Chaveira, na aba sur do monte Fontenla, na parroquia de Santa Mariña das Fragas (Campo Lameiro). O conxunto, formado por cérvidos, antropomorfos, combinacións circulares e outros motivos xeométricos e unha serpe, constitúe un dos mellores petroglifos da arte rupestre galega. Está gravado sobre un bloque de granito de gran fino de 10 m de longo por 8,5 m de largo. Topograficamente está dividido en tres sectores de diferente altura, sendo o máis alto o central. No sector occidental atópanse diversos motivos xeométricos: cruciformes, combinacións circulares e deseños lineais sinxelos. O conxunto central é o máis abundante en gravados, entre os que salienta a figura dun cérvido, realizado con dúas liñas e estilizado na parte anterior, unido a unha combinación de tres círculos concéntricos cortados por un radio que se prolonga cara ao exterior; sobre este grupo atópase unha escena de caza ou pastoreo composta por unha figura antropomorfa de grande esquematismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [nome oficial: Boulogne-sur-Mer] Cidade do departamento de Pas-de-Calais, Francia, á beira do Canal da Mancha (43.678 h [1990]). Núcleo pesqueiro asentado sobre un antigo centro fortificado, posúe industrias derivadas da pesca e estaleiros. O seu porto é unha das principais escalas nas rutas marítimas do Mar do Norte. Antiga capital da tribo celta dos moríns, os romanos construíron unha fortaleza (Gesoriacum) cerca da cidadela de Bononia, que usaron como ponte para conquistar Gran Bretaña. Na Idade Media converteuse na capital do condado de Boulogne, anexionado á Coroa francesa en tempos de Luís XI (1477). Durante a Guerra dos Cen Anos estivo temporalmente baixo dominio inglés (1544-1550). Entre 1803 e 1805 Napoléon concentrou alí a expedición para invadir Gran Bretaña. Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polos alemáns (1940-1944). A parte alta da cidade conserva as murallas da cidadela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio feudal francés. Parece que o primeiro conde deste territorio foi Adolfo (morto no 933), fillo do conde Balduíno II de Flandres. O Condado pasou sucesivamente aos condes de Dammartin (1180?), aos Clermont (1262), aos condes de Auvernia, aos de Artois (1361) e, máis tarde, aos La Tour; despois foi dos Borgoñóns (1435-1477) ata que tomou o poder Luís XI. Ocupado por Enrique VIII de Inglaterra (1544), en 1550 incorporouse a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento dos Hautes-de-Seine, na Île-de-France, Francia (101.971 h [1990]). Suburbio industrial no SO de París, chamouse Boulogne-sur-Seine ata 1925. É unha área residencial (Boulogne) e industrial (Billancourt), onde se localizan fábricas de automóbiles (Renault) e doutros sectores, como o aeronáutico, o químico e o farmacéutico.

    VER O DETALLE DO TERMO