Boullosa
Boullosa
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. Este topónimo, que semella ser un derivado formado a partir do latín bulla ‘burbulla’, fai referencia a terreos nos que nacen mananciais a cachón. A mesma orixe ten o apelido Boullón, tamén de orixe toponímica.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva como armas: en campo de sinople, tres castañas de ouro, ben ordenadas; bordo de ouro con dúas espadas de sable.