"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Historiador e político checo. Antirrevolucionario, defendeu a autonomía de Bohemia dentro dun sistema austríaco federal e impulsou o nacionalismo bohemio. Presidiu o congreso paneslavo de Praga (1848) e das súas obras destaca Geschichte von Böhmen (Historia de Bohemia, 1836-1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Administrador colonial e bispo de México. Reformou os estudos universitarios e opúxose aos xesuítas a causa da xurisdición eclesiástica. En 1649 ocupou o bispado de Osma. Carlos III e os inimigos dos xesuítas intentaron, no s XVIII, que fose canonizado, sen éxito.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen vai mal vestido.
-
Persoa alta, desgairada e grosa.
-
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Discípulo de M. Mierevelt e F. Hals, empregou o claroscuro como efecto técnico--compositivo nunha pintura costumista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pau, de aproximadamente un metro, que se emprega no xogo da estornela para lanzar a billarda.
-
-
Máquina simple que pode esquematizarse nunha barra ríxida, móbil arredor dun punto de apoio ou fulcro, que permite vencer un esforzo, denominado resistencia, ao aplicarlle outro, denominado potencia. Segundo a posición relativa dos puntos onde se apliquen a potencia e a resistencia e o punto de apoio, as pancas clasifícanse en tres xéneros diferentes: na panca do primeiro xénero, o punto de apoio sitúase entre os de aplicación da potencia e da resistencia; na do segundo, a resistencia aplícase entre o punto de apoio e o de aplicación da potencia; e na do terceiro, a potencia aplícase entre a resistencia e o punto de apoio. A lei física que rexe para calquera xénero de panca xa foi enunciada por Arquímedes, e di que o produto da forza (potencia) polo brazo de potencia é igual ao produto da forza (resistencia) polo brazo de resistencia. A ganancia mecánica dunha panca defínese como o cociente entre a forza “resistencia” e a forza “potencia”.
-
Barra que serve para accionar un mecanismo.
-
Pau groso que serve para levar un peso entre dous ou para sostelo entre dous puntos de apoio.
-
ara longa con que se moven embarcacións en lugares pouco profundos.
-
Temón do arado.
-
Superficie plana e horizontal, elevada sobre o nivel da auga, desde a que salta un nadador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
apalestesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente en forma de cunca que serve para lavar as mans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello que consiste esencialmente nunha corda longa que pode acadar varios quilómetros, da que colgan outras cordas máis finas, denominadas ramais, cada unha delas provista dun anzol no extremo libre. Sitúanse a diversas profundidades segundo a especie obxecto de pesca e deste xeito poden calarse no fondo (como na pesca da pescada) ou ben na superficie (atún).
-
-
Relativo ou pertencente ao palangre.
-
Pescador de palangre.
-
Embarcación que se emprega para pescar con palangre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Panca de ferro utilizada nas canteiras para mover, furar ou romper a pedra.
-
-
Liteira ou cadeira, propia de Extremo Oriente, que levan ás costas dous ou catro homes por medio duns paus horizontais.
-
folgazán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio construído entre 1905 e 1908 en Barcelona por Lluís Domènech i Montaner. Obtivo o premio do Ajuntament de Barcelona ao mellor edificio de 1908. A sala de concertos, de planta oval e paredes de vidro, con platea e dous pisos, ten capacidade para máis de 2.000 espectadores. Ten un escenario en hemiciclo e un órgano de grandes dimensións. En 1983 levouse a cabo a súa remodelación segundo un proxecto dos arquitectos O. Tusquets e C. Díez, e entre 1985 e 1989 realizouse unha nova reforma. O Orfeó Català ten aquí a súa sede, a biblioteca e o arquivo, entre outras dependencias. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1971 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997).
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (1.685 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e destaca a gandaría porcina e ovina. Ten pequenas industrias téxtiles e de plásticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudou en València e París con Charles Koechlin e Maurice Ravel. Membro do Consejo Nacional de Educación Musical, foi director do conservatorio de València. Das súas obras destacan Gongoriana (1927, Premio Nacional de la Música), Marcha burlesca (1936), Atardecer (1945, Premio Nacional de la Música) e a ópera Maror (1953-1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Libreiro, bibliógrafo e escritor. Publicou a obra monumental Manual del librero hispanoamericano (1923-1927 e 1948-1976), onde describe obras en calquera lingua, publicadas por autores nacidos na Península Ibérica e Hispanoamérica. Trátase do repertorio bibliográfico máis completo dentro do seu ámbito. Tamén publicou El año literario y artístico en Barcelona (1895), La biblioteca del marquès de Llió (1909) e Bibliografía de Cervantes (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (11.384 h [2001]). A principal base económica do concello é a industria, que está moi diversificada. Desde 1920 é lugar de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Palau ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Palau.
-
Lingua malaio-polinesia occidental, do phylum austronésico, que se fala en Palau.
-
-
ILLAS
Illa de Filipinas, na rexión de Tagalog Meridional, situada ao SO de Mindoro entre o mar de China Meridional e o mar de Sulu (14.896 km2; 371.782 h [estim 1984]). A illa, longa e estreita, é montañosa e está cuberta de bosques. Ten minas de manganeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos paleanodontes.
-
Mamífero fósil da suborde dos paleanodontes.
-
Suborde de mamíferos, da orde dos edentados, que comprende individuos fósiles do Paleoceno superior e do Eoceno medio. Eran cuadrúpedes de pequeno tamaño, e tiñan os dedos provistos de unllas fortes especializadas para cavar. A súa dentición estaba moi especializada e tiña os caninos moi desenvolvidos. No Terciario inferior algúns paleanodontes chegaron a América do Sur e deron lugar aos xenartros.
-